2.2.3 Variación do volume do gas coa temperatura
Se temos o gas dentro dun recipiente cun émbolo podemos observar como vai variando o volume ao ir aumentando a súa temperatura, manténdose a presión do gas constante:
|
|
|
Nunha experiencia de laboratorio obtivemos os datos seguintes:

Lei de Charles
Concluímos que, mantendo constante a presión sobre o gas, o volume é directamente proporcional á temperatura do gas, o que se coñece como lei de Charles:
Por Educaplus baixo licenza CC By-NC-ND
|
V = constante·T (temperatura en kelvins) Tamén expresada como: |
Actividade práctica
Infle pouco un globo, que a goma estea frouxa. Métao en auga moi quente. Que ve?
Actividade práctica
Un cilindro cun pistón énchese con 25 mL de gasolina gasosa a 25 ºC. Canto ocupará, a presión constante, a gasolina cando estea a 75 ºC?
| Solución |
|
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0



