Saltar navegación

2.2.2 Variación da presión coa temperatura dun gas

Todos os nenos teñen agora balóns con válvula e bombas para inflalos. Pero cando moitos de nós eramos nenos non tiñamos esa tecnoloxía punta, así que para inchar o balón e xogar... puñámolo ao sol! E funcionaba durante un tempo.

Se temos un gas dentro dun recipiente de paredes fixas, daquela ha ocupar sempre o mesmo volume (V constante). Imos quentando o gas a anotamos as temperaturas e as presións e, logo, como antes, representamos os resultados nuns eixes de coordenadas.

Volume constante

Lei de Gay-Lussac

Da gráfica deducimos que a presión é directamente proporcional á temperatura, que matematicamente se expresa coa relación seguinte: lei de Gay-Lussac.

 

Por Educaplus  baixo licenza CC By-NC-ND

 

P = constante·T

 

Tamén expresada como:

Gay-Lussac

 

Atención! Para usar esta fórmula, lembre que a temperatura sempre a hai que pór en kelvins; se a pon en graos celsius o resultado dará mal.

 

Actividades resoltas

O gas dun depósito está a 20 ºC e ten 3 atm de presión. Deixámolo ao sol, e a súa temperatura sobe a 60 ºC. Cal é agora a presión do gas no depósito?

Solución Primeiro pasamos as temperaturas a kelvin:

Cal é a presión do gas no depósito?

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0