Saltar navegación

2.8.2 Isótopos

Fíxese nos núcleos seguintes:    612C       613C         614C

Teñen igual o número atómico (6) e diferente o número másico, ou o que é equivalente, teñen igual número de protóns e diferente número de neutróns. A estes átomos ou núcleos chamámolos isótopos. Como exemplo, o hidróxeno, o elemento químico máis sinxelo, ten tres isótopos:

 

Isótopo

Isótopo

Isótopo

Os tres átomos son de hidróxeno, xa que todos teñen un protón (Z = 1)

 

 

Actovidades resoltas:

1. Dalton pensaba que todos os átomos dun elemento químico eran idénticos. Tiña razón ou estaba equivocado?

Solución

Estaba equivocado. Pensaba que todos os átomos de hidróxeno (por exemplo) eran iguais; hoxe sabemos que poden non ser idénticos: poden ter diferente número de neutróns, isto é, poden ser isótopos.

 

Actividades propostas

S12. Indique se son verdadeiras ou falsas estas afirmacións:

Afirmación V / F
Todos os átomos dun elemento químico teñen o mesmo número de protóns.
Todos os átomos dun elemento teñen o mesmo número de electróns.
Os número másico e atómico sempre son números enteiros, sen decimais.
Dous átomos distintos poden ser os dous de ouro. se son isótopos

Habilitar JavaScript

 

S13. Os tres átomos da figura, son isótopos entre si? Razoe a súa resposta.Átomos

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0