Teoría cinética e atómica da materia
2.5.1 A fusión: cambio de estado sólido a líquido
Nos sólidos as partículas vibran continuamente. Ao lles dar calor a temperatura aumenta, e as partículas vibran con máis intensidade. Ao chegaren á temperatura de fusión as partículas empezan a separarse unhas das outras rompendo a rede cristalina, e convértense nun líquido. Durante a fusión toda a enerxía da calor úsase para separar as partículas; por iso non sobe a temperatura na fusión.
|
|
|
|
| Sólido | Comeza a fusión | Líquido |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0


