Saltar navegación

2.11.1 Metais e non metais

A clasificación máis sinxela que podemos facer dos elementos da táboa periódica é en metais e non metais. Os metais están situados na zona esquerda e central da táboa periódica e van ata a liña escura en forma de escaleira. Os non metais están á dereita (son moitos menos que os metais como se pode observar). Entre eles hai uns cantos con propiedades intermedias entre os metais e os non metais colocados arredor da escaleira: son os semimetais, importantísimos na industria das telecomunicacións. Son o Si, Ge, As, Sb e Te.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0