2.15 Modelo de enlace metálico
Os átomos dos metais únense entre si mediante o enlace metálico. Xa vimos que os átomos dos metais teñen tendencia a ceder electróns para completaren o seu octeto. No enlace metálico os átomos despréndense dun electrón ou máis, formando unha rede cristalina metálica en que eses electróns son compartidos entre todos movéndose arredor deses núcleos, como se fose unha "nube" de electróns negativos; esta nube negativa mantén unidos aos catións e, polo tanto, ao metal.
O enlace metálico ten características do iónico e do covalente: parécese ao enlace iónico en que forma redes cristalinas iónicas (pero só con catións), e ao enlace covalente en que os átomos metálicos comparten electróns.
|
|
|
| Na figura, as bólas grandes son os catións do metal, e os puntos móbiles entre elas son os electróns. A figura da dereita é unha representación tridimensional da rede metálica do cobre. |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

