Teoría cinética e atómica da materia
2.6.2 Modelo atómico de John Dalton (1808)
Este científico británico retoma a idea dos átomos de Demócrito para explicar as leis dos gases, que xa estudamos, e algunhas leis sobre as reaccións químicas. Os postulados da súa teoría atómica publicada en 1808 foron:
|
|
[1] Toda a materia está formada por átomos indivisibles |
|
|
[2] Todos os átomos dun elemento químico son idénticos, pero diferentes en forma e peso dos doutro elemento químico. Por exemplo, todos os átomos de carbono son iguais, pero diferentes dos de osíxeno |
||
|
[3] Os compostos químicos están formados pola unión de átomos de diferentes elementos, sempre na mesma proporción |
||
| [4] Nunha reacción química os átomos non se crean nin desaparecen, só cambian as unións entre eles |
Como veremos máis adiante, Dalton equivocábase. El pensaba que o átomo era unha esfera indivisible, pero hoxe xa sabemos que contén partículas máis pequenas que el. Tamén confundía elementos con compostos e por tanto equivocábase na súa composición.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

