Saltar navegación

2.1 Características dos gases: presión, volume e temperatura

Características dos gases: presión, volume e temperatura

Os gases forman parte do noso contorno. O máis importante para nós é o aire, indispensable para respirar e, xa que logo, vivir, pero utilizamos este e outros gases habitualmente: cando inflamos os pneumáticos ou un globo, nas bombonas de butano ou de gas natural, os propelentes en pulverizadores e aerosois, nos circuítos dos frigoríficos, nas lámpadas...

Algunhas propiedades dos gases estudámolas na unidade didáctica anterior: non teñen volume nin forma fixa, son fluídos, espállanse por todo o espazo do recipiente en que están contidos. Deseguido afondamos na relación que hai entre a presión que exerce o gas, o volume que ocupa e a temperatura.

Volume dun gas

Como dixemos, os gases esténdense polo recipiente en que están. Así que o volume do gas é o volume do recipiente. Lembremos algunhas equivalencias entre unidades de volume:

Gas 

Gas (óxido de nitróxeno) espallado por todo o recipiente

1 m3 = 1.000 litros

1 dm3 = 1 litro

1 cm3 = 1 mL

Presión dun gas

Xa sabemos que os gases exercen presión: a presión do aire dos pneumáticos, a atmosférica, a do gas dentro dun globo, etc. A presión dos gases mídese con aparellos que se chaman manómetros. Os manómetros que miden a presión atmosférica adoitan chamarse barómetros; o máis sinxelo é o constituído por un tubo vertical de vidro con mercurio no seu interior.

Manómetro Barómetro
Manómetro Barómetro

 

 

Hai moitas unidades para medir a presión. Damos as máis usadas e as súas equivalencias...

1 atm = 760 mm Hg = 101 325 Pa = 1013 mb

...onde atm é atmosfera, mm Hg é milímetro de mercurio, Pa é pascal (a unidade do sistema internacional), e mb é milibar, moi usada nos mapas meteorolóxicos.

Temperatura dun gas

Os gases, como todos os corpos, teñen temperatura, que se mide cun termómetro introducido no recipiente en que está o gas. Os termómetros que usamos habitualmente, como os clínicos, miden a temperatura en graos celsius ou centígrados (ºC). Pero o estudo dos gases require que utilicemos a escala do sistema internacional, a escala Kelvin. O cambio de graos celsius a kelvins, e viceversa, facémolo coa seguinte relación:

TK = Tc + 273

Cal é a temperatura máis baixa (fría) posible. Pois é... cero kelvins, como tiña que ser!

 

 

Actividade resolta.

A presión atmosférica nun día de borrasca forte pode chegar a ser de 735 mm Hg. Cantas atmosferas son? Cantos pascais?

Solución  

Multiplicamos a cantidade dada por un “factor de conversión”. Un factor de conversión é unha fracción que ten no denominador unha cantidade coa mesma unidade que a que precisamos cambiar, e no numerador a nova unidade:

1

 

 

Cantos graos centígrados son cero kelvins?

 

Solución

 kelvin

Daquela, a temperatura máis fría posible é 273 graos centígrados baixo cero.

 

 

Actividade proposta

S1. Cantos kelvins (observe que non se di graos kelvin) son 25 ºC?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0