2.11 Sistema periódico dos elementos químicos
O sistema periódico dos elementos é unha táboa en que os elementos químicos hoxe coñecidos (111) están ordenados en sete fileiras e 18 columnas. As fileiras chamámolas períodos e ás columnas grupos. Os elementos están colocados de menor a maior número atómico, de xeito que na mesma columna cadran elementos con propiedades químicas semellantes que varían de xeito repetitivo ao baixar no grupo; de aí o nome de “periódica”.
En cada recadro da táboa aparece o símbolo do elemento químico, o nome do elemento, o número atómico e a masa atómica en uma (u; 1 u = 1,66.10-24 gramos).
A táboa periódica oficial é publicada pola IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry). A que expomos deseguido é semellante á oficial na súa versión en galego.
O sistema periódico non sempre tivo este aspecto; foise enchendo á medida que se ían descubrindo novos elementos. Hoxe xa non quedan ocos: todos os elementos químicos naturais foron xa descubertos. O helio (He) foi descuberto antes no Sol que na Terra!
Tabla peridódica. Pinchar para ampliar
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0