6.1 Solucións das actividades en lingua galega

S1.             

  • Que tipo de comunicación se dá nos dous textos?

Comunicación oral.

  • De que se fala en cada vídeo?
  • Texto 2.1: San Finx. Fálase do rexurdimento destas minas que foron utilizadas polos alemáns na Segunda Guerra Mundial, pois abastecíaos dun mineral que necesitaban: o volframio.
  • Texto 2.2: Manuel Rivas no Culturgal: Rivas fálanos de como entende el o proceso de escribir, centrándose, sobre todo, no seu último libro titulado “A corpo aberto”.
  • Que vídeo é máis difícil de entender? Por que motivo sucede iso?

O vídeo de Manuel Rivas pode resultar máis difícil de entender que o das minas de San Finx porque o emisor (Rivas) fala bastante rápido expoñendo unha considerable cantidade de conceptos e ideas ligados á literatura, polo tanto, específicos dun tema propio. Por iso o vídeo necesita ser visto máis dunha vez para a súa correcta comprensión. Pola contra, o vídeo de San Finx caracterízase polo feito de que a voz da narradora coméntanos a noticia cunha linguaxe sinxela e doada de comprender, utilizando unha velocidade adecuada..

 

S2.             

Na cafetaría, cos amigos: utilizamos unha linguaxe distendida, afastada de toda formalidade. Podemos saltarnos cachos do discurso pois probablemente existe unha certa complicidade entre nós e as demais persoas coas que tomamos o café, polo que non necesitamos expor explicitamente toda a información. Ademais, utilizaremos un léxico e unhas construcións orais menos traballadas que nos vídeos da actividade S1, utilizando posiblemente palabras malsoantes. Tamén empregaremos monosílabos e onomatopeas para responder ao(s) noso(s) interlocutor(es), xestos coas mans, coa cara…

 

S3.             

Para que o receptor ou receptores que teñamos diante nos comprenda(n) adecuada e correctamente evitando así posibles confusións ou equívocos.

S4.             

O falar adecuadamente e o esforzo por intentar facelo e querer mellorar día a día benefícianos porque deste xeito poderemos comunicarnos máis eficazmente coas persoas que nos rodean e que forman parte da sociedade na que vivimos. Deste xeito, entenderásenos mellor e poderemos movernos con total liberdade e seguridade no mundo que nos rodea. Simultaneamente, a imaxe que de nós proxectamos ao resto das persoas verase beneficiada por todos os factores xa comentados.

S5.           

  • Tema de cada texto.Idea principal e secundarias (granate: principais; azul: secundarias)
  • Texto 2.7: expóñense as normas e regras que o alumnado e o profesorado deben cumprir nun determinado instituto para deste xeito ter un comportamento que se poida considerar correcto.
  • Texto 2.8: a autora reflicte o vello problema da emigración; na actualidade, son universitarios preparados os que marchan na procura dun traballo que aquí non hai a causa da crise. A súa perda é negativa para o país que os formou.
  • Idea principal e secundarias (granate: principais; azul: secundarias)

2.6

O preservativo feminino

É unha funda de poliuretano (un material máis resistente e, xa que logo, máis difícil de romper có látex) con dous aneis: un interno e pechado que serve para fixalo no interior da vaxina, e un externo que cobre os labios vaxinais. Igual que o condón masculino, só se pode utilizar unha vez. Un dos seus inconvenientes é que resulta catro ou cinco veces máis caro có preservativo masculino.

A pílula do día despois

Trátase dun anticonceptivo oral de emerxencia que só hai que utilizar en situacións excepcionais, e nunca como método anticonceptivo regular. Adminístrase en dúas doses, cun intervalo de 12 horas entre a primeira e a segunda. A primeira hai que tomala canto antes mellor; con cada hora de retraso diminúe a súa eficacia e, pasadas 72 horas dende o momento do coito, xa non ten ningunha eficacia. Pode provocar efectos secundarios: náuseas, fatiga e dor de ventre.

A RU486 ou pílula abortiva

Como o seu nome indica, provoca un aborto. Actúa sobre embrións de poucos días de vida. Pódese tomar ata 49 días despois da última falta e está contraindicada para mozas fumadoras. Este sistema funciona aproximadamente no 95% dos casos, no resto falla e hai que pasar polo quirófano para completar o aborto.

En España adminístrase nalgúns hospitais (hai unha lei que limita o número de centros que a poden administrar, en función dos seus equipamentos) e en clínicas privadas, aínda que nestas o tratamento adoita ser caro, similar ou mesmo superior ao dun aborto convencional.

 

2.7

Tabaco e drogas

No I.E.S de X non se permite fumar nin consumir drogas en ningunha das súas dependencias cubertas ou non.

Normas de educación

    • Non se poderá asistir ao instituto en traxe de baño.
    • Dentro do edificio do instituto non se pode levar viseira, casco ou similar.
    • Débese camiñar ordenadamente polos corredores, sen berros, carreiras nin empurróns.
    • Débese evitar dicir palabras malsoantes nin degradantes.
    • Non se poderá estar sentado nas escaleiras nin nos corredores.
    • Dentro do edificio do instituto non se permite utilizar MP3, PSP, ou calquera aparato de música, imaxe ou entretemento, teña ou non auriculares.

A puntualidade e asistencia a clases

É conveniente ser puntual nas entradas e saídas na aula, por parte do profesorado e alumnado, para conseguir un mellor rendemento nas clases.

É obrigatorio asistir diariamente a todas as clases. Se por algún motivo non se pode acudir, débese avisar por teléfono o Instituto e, cando se reincorpore, traer cuberta a xustificación oportuna no formulario oficial.

Teléfonos móbiles

Para un adecuado desenvolvemento das clases, e co fin de evitar molestias débense desconectar os teléfonos móbiles antes de entrar no instituto. E en ningún caso está permitido sacar fotografías ou vídeos.

 

2.8

O problema é vello. Os nosos universitarios ao acabar a carreira non atopan aquí traballo acorde á súa formación; acaban en moitos casos de condutores de autobús, porteiros de noite, vendedores en tendas de luxo, ou na casa dos pais e no paro. Médicos ou enfermeiras van a Portugal (sobre todo os galegos) ou a Inglaterra. Había unha excepción: os enxeñeiros industriais, sobre todo os de telecomunicación, a xoia da coroa. Eses tiñan traballo seguro… ata que chegou a crise.

Agora Alemaña necesita 36.000 enxeñeiros. Alí a xente nova preferiu unha formación profesional, que é máis curta e está ben pagada. E, como Alemaña non é unha ONG, busca enxeñeiros onde máis baratos están, ou sexa, en España. Nada que ver coa man de obra case analfabeta que marchou para aló nos anos 70. Agora van rapaces ben preparados, que cobrarán un 40% menos que os seus colegas alemáns, pero que en poucos anos estarán integrados naquel país. A maioría non volverán, ou farán como o emigrante do poema rosaliano: “Cando xa vello sea / tornarei cos meus ósos para a aldea / que algo lle hei de levar á terra nosa”. Non é culpa deles. Ao perdelos, perdemos de novo o tren do futuro.          

  • Cada texto (2.5, 2.6, 2.7 e 2.8) ofrécenos a información de diferentes maneiras: a que texto corresponde cada maneira e por que?
  • Texto 2.5: expositivo. Descríbenos a historia e o modo de construción da galería.
  • Texto 2.6: explicativo. Achégase información de diversos métodos anticonceptivos e a forma de utilizalos.
  • Texto 2.7: instrutivo. Trátase dun conxunto de normas e regras dirixidos a un determinado grupo.
  • Texto 2.8:. opinión persoal. A autora dá a súa visión negativa sobre o futuro laboral dos nosos universitarios no estranxeiro a causa da crise. Emprega a 1ª persoa do plural para facer partícipe ao lector.

S6.             

  • Quen conta os feitos e en que persoa? Que sentimentos ten? Expresión coa que se dirixe aos lectores.

O texto relátanos a traxectoria dunha bala de bronce na busca dunha vítima onde aloxarse. No percorrido “namórase dun rapaz pero, entretida cos seus pensamentos, perde o rumbo e cae, xa sen forzas, contra unha ola de lata que estaba nun carro. Un rapaciño recóllea do cha.

A bala, que é a protagonista, conta os feitos en primeira persoa. Síntese atraída por un “tipo” que se estivera afeitado e limpo podería ser un “guaperas”; ela perde a oportunidade ao pasar de largo e entón sinte celos de que outra bala alcanzara a aquel  rapaz. É unha bala personificada, porque sinte e pensa como unha muller namorada. A expresión que emprega para dirixirse aos lectores é: Xa sabedes; Sabedes?..

  • Característica da lingua oral, con exemplos do texto.

Características da lingua oral: frases interrogativas e exclamativas que proporcionan ao texto maior expresividade: Que balazo!; E xusto ás miñas costas!; E agora que?; Volvo?; Non agardaba!.Oracións inacabadas, marcadas polos puntos suspensivos: ía sol… en fin; había de estar a agardar por min…; Aínda estaba morna… ;palabras coloquiais: tipo, guaperas; frases feitas: perde o tren da súa vida; quedar para vestir santos. 

S7.      

Resposta aberta      

 

S8.          

  • Uso de comiñas: para recoller a cita textual do filósofo Fernando Savater.
  • Punto e seguido: emprégase para separar as distintas oracións.
  • Punto e aparte: úsase para indicar o final de cada parágrafo.
  • Coma: separa dous membros independentes dunha oración: “Disputamos, pero rara vez discutimos”. Tamén separa enumeracións de palabras ou frases: “A conversa non consiste en formular peticións ou súplicas, nin ladrarse ordes ou ameazas, nin sequera en murmurar adulacións…”; “Unha arte feita de intelixencia, de humor, de bos argumentos, de anécdotas…”
  • Puntos suspensivos: empréganse no final dunha enumeración que queda incompleta: “[…] de respecto crítico, de cortesía…”; “[…] ou de chinchón, ou de mate ou de tequila…”.
  • Guión: para introducir unha aclaración, neste caso, explicar todo o que implicaba a “conversa”: -sentados en cadeiras de madeira […] co tempo por diante e por detrás

S9.    

  • Os día da semana son: luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo.
  • Aquela muller dixo: “Quero que saiades todos agora mesmo”.
  • O cura preguntou: "Quen quere comulgar?"
  • Alfonso D. Rodríguez Castelao, o gran escritor, artista e político galego, naceu en Rianxo.
  • Meu querido amigo:
  • Recibín o teu correo e dispóñome a contestarte.
  • Ti vasme dando o que eu che pida: papel, lapis, cores, ceras.

      

S10.  

  • Linguas oficiais de Bélxica e Suíza?

Bélxica: neerlandés, francés e alemán; Suíza: alemán, francés, italiano e romanche, tamén denominado rético.

  • Cre que a diversidade é boa? Por que?

Resposta aberta, pero debe falarse do enriquecemento persoal que o plurilingüismo supón e da posibilidade que nos brinda para poder falar con persoas pertencentes a outras culturas diferentes da nosa.

 

S11.   

  •   Que idioma fala a maioría da poboación?

Resposta aberta

  •  Idioma oficial da corporación local en documentos e manifestacións públicas?

Resposta aberta

        

S12.    

Resposta aberta         

 

S13.             

 Resposta aberta

 

S14.  

Resposta aberta, pero a conclusión lóxica e que corresponde á realidade actual na que vivimos é que, efectivamente, o galego está en desvantaxe nos medios de comunicación, xa sexa na prensa escrita, na audiovisual e en internet.

S15.             

  • Tema principal de cada texto.
  • Texto 2.16: a voz lírica bendice o día en que atopou ao seu amor  e o momento en que decidiu compartir con el a súa vida. Poema amoroso.
  • Texto 2.17: o texto parte dos enormes desexos que tiña un vello de ver o tren. Cando consegue cumprir o seu antollo, a ledicia do neto contraponse coa súa tristura; el xa é vello e non poderá viaxar en tren.
  • Texto 2.18: represéntase a relación entre dous personaxes, Harpagón, que é un avaro, e o Frecha, que o pon nervioso e trata de descubrir algo sobre os cartos que ten agochados.
  • Xénero literario dos textos 2.16, 2.17 e 2.18.
  • Texto 2.16: xénero lírico (poesía). Expresa os sentimentos persoais do autor sobre os temas que trata. Descríbenos o seu mundo interior coa finalidade de revelar as súas propias emocións.
  • Texto 2.17: xénero narrativo. Un narrador en 3ª persoa reflicte os desexos que tiña o vello protagonista de ver o tren e o sentimento de tristura que o embargou despois de velo.
  • Texto 2.18: xénero teatral. O texto está destinado a ser representado. O seu asunto non é relatado por un narrador, como no caso da narrativa, senón que o desenvolven uns personaxes que actúan nun escenario diante dos espectadores. Polo tanto, ademais da parte literaria, o texto en si, hai que considerar outros elementos como: a posta en escena, traballo dos actores, vestiario, decorados, iluminación, música, etc
  • Repeticións no texto 2.16. Nome deses recursos literarios.

Repítense o comezo dos primeiros versos de cada estrofa: Bendito sexa. Este recurso chámase anáfora. Neses mesmos versos tamén hai paralelismo porque se repite a mesma estrutura sintáctica: Bendito sexa o ano, Bendita sexa a hora, Bendito sexa o intre, Bendito sexa o porto.

  • Dúas comparacións e unha personificación no texto 2.17.
  • Comparacións: …unha lambetada posta, como nun altar…; E había un neno coma el…
  • Personificación: …no rexo carro de bois que rinchaba, xemía…
  • Anotacións do texto 2.18 e a súa función no texto.

As anotacións teñen a función de indicar aos actores como teñen que actuar, que xestos teñen que facer, como teñen que falar (alto, baixo, só para o público, sen que o sintan o resto dos actores do escenario –isto márcase co “aparte”-), etc…

(Baixo, aparte); (Levantando a man para dar unha labazada a Frecha); (Sinalando al calzas de Frecha); (Apalpando as calzas de Frecha); (Harpagón rexistra os petos de Frecha).

 

S16.      

A imaxe da morte de Carlos, mesturada coas lembranzas dos veráns felices da nenez que compartiron, están dolorosamente presentes na memoria da protagonista.

S17.         

Narrador

Personaxes

Acción

Espazo

Tempo

A protagonista relata o feito da morte de Carlos e as súas lembranzas en primeira persoa.

A protagonista é a narradora; non se di o nome.

Carlos: a súa morte dá pé aos recordos da protagonista.

Cítase a Arturo, marido da protagonista.

O corpo morto de Carlos por un disparo (suicidio?) dá pé aos pensamentos e aos recordos da protagonista.

A casa de Beiro, onde vive a protagonista desde que casou.

Nárrase o presente da protagonista, dez días despois da morte de Carlos.

Referencias ao pasado, á súa infancia, vinte anos atrás (retrospección temporal). Non aparecen datas concretas-

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License