5. Exercicios de autoavaliación

Exercicios de autoavaliación

Na lingua oral o receptor percibe o texto co:


Oído

Tacto

Olfacto

Vista


A lingua oral está fortemente apoiada:


Nos xestos.

Na entoación.

Na entoación e nos xestos.

Na voz.


Na lingua oral o normal é que se relacionen e se inflúan mutuamente:


Emisor e canle.

Receptor e contexto.

Contexto e mensaxe.

Emisor e receptor.


Que é o primeiro que debe facer nun texto escrito:


Ver de quen é.

Localizar o tema do texto.

Ver cantas liñas ten.

Subliñar os substantivos que hai nel.


Que son as ideas principais:


 É o que se di sobre un determinado tema.

É o primeiro que se debe localizar nun texto.

Son ideas que reforzan o que se di no tema.

Son as que carecen de importancia nun texto.


Un dos pasos para a creación dun texto é:


Ter á man un bolígrafo.

Logo de ter todas as ideas e o tema escollido facer unha primeira redacción.

Estar nun cuarto con abundante luz.

Facer unha primeira redacción coas ideas sen organizar.


Para que exista comunicación son necesarios os seguintes elementos:


Emisor, mensaxe e receptor.

Receptor, emisor, canle e contexto.

Emisor, mensaxe, receptor, código, canle e contexto.

Emisor, mensaxe, receptor e canle.


As principais funcións da linguaxe son:


Informativa e expresiva.

Informativa, expresiva e apelativa.

Expresiva e poética.

Informativa, expresiva, apelativa e poética.


Que é a ortografía?


É a parte da gramática que se ocupa da pronuncia das palabras e do uso dos outros signos gráficos da lingua.

É a parte da gramática que se ocupa da escritura correcta das palabras e do uso dos outros signos gráficos da lingua.

É a parte da sintaxe que se ocupa da escritura correcta das palabras e do uso dos outros signos gráficos da lingua.

É a parte da gramática que se ocupa da escritura correcta das palabras.


En castelán, cando temos unha pregunta directa ou unha oración exclamativa debemos:


Pór as dúas marcas de interrogación ou exclamación.

Pór unha das marcas de interrogación e exclamación.

Pór unha marca de exclamación e outra de interrogación.

Facer exactamente igual que en lingua galega.


Cantas linguas se falan no mundo aproximadamente?


1.250

400

4.500

6.500


Que linguas oficiais se falan en España?


Castelán, catalán, galego, éuscaro e aranés.

Galego, castelán, inglés (Xibraltar) e aragonés.

Éuscaro, galego, catalán e navarro-aragonés.

Castelán, aranés, galego, andaluz e aragonés.


En Galicia, dende o punto de vista legal, o castelán e o galego están en situación de ...


Bioficialidade

Bilingüismo

Cooficialidade

O mesmo espazo xeográfico.


Que fenómeno afecta moi frecuentemente o galego?


Non está afectado por fenómeno específico ningún.

 Non sofre interferencias, é unha lingua autónoma.

As interferencias do galego no castelán, chamadas galeguismos.

As interferencias do castelán no galego, chamados castelanismos.


Cando se dá, nunha sociedade, unha situación de bilingüismo?


Cando o uso de dúas linguas non se produce en condicións de igualdade.

Cando o uso de dúas linguas se leva a cabo en condicións de igualdade.

Cando o uso de dúas linguas distribúese en espazos xeográficos diferentes.

Cando unha lingua se usa exclusivamente na escrita.


Que se dá en Galicia?


Diglosia.

Bilingüismo harmónico.

Monolingüísmo.

Monolingüísmo e bilingüismo harmónico.


Chamamos poesía lírica a que expresa...


Os sentimentos persoais do autor ou autora sobre os temas que trata. 

Os sentimentos persoais do protagonista da poesía.

Os sentimentos persoais do autor ou autora da novela.

Os sentimentos da amada do poeta.


Que é narrar?


É contar ou referir feitos imaxinarios.

É contar ou referir feitos que poden ser reais ou imaxinarios.

É dicir moitas cousas por escrito.

É organizar un cúmulo de ideas e pólas por escrito.


Que subxéneros forman parte da narrativa?


Novela, conto e poesía.

Conto e teatro.

Novela, novela curta e conto. 

Novela curta e conto.


Para que están destinados os textos teatrais?


Para os ler en grupo.

Para os recitar en voz alta.

Para os ler en voz baixa.

Para seren representados. 


Dentro do xénero teatral cómpre distinguir entre:


Traxedia, drama e elexía.

Traxedia, comedia e drama.

Drama, narrativa e lírica.

 Traxedia, poesía e novela.


 Algúns dos elementos do relato literario son:


 A acción, os personaxes, o lugar e o tempo.

 A acción, os personaxes e, o narrador e o editor.

 A acción, os personaxes, o lugar, o tempo e o narrador.

Os personaxes, o lugar, o tempo e o narrador.


Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License