1. Introdución
Descrición da unidade didáctica
Esta unidade denomínase "A comunicación". É recomendable que diariamente traballe con ela entre unha e dúas horas.
-
Ademais, debe ter en conta as seguintes puntualizacións:
-
A unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, separados en dúas partes ben diferenciadas. Ambas as linguas, xunto coa estranxeira, intégranse no ámbito da comunicación.
-
A unidade consta de dous tipos de textos ou contidos: uns que levan a etiqueta de "aspectos teóricos", que son os que debe comprender e memorizar, e outros que carecen desa etiqueta, que son os que debe ler, comprender e comentar (aparecen precedidos do símbolo ).
-
Os contidos e exercicios van clasificados en bloques ou partes, relacionados con distintos aspectos do estudo da lingua: comunicación oral, comunicación escrita, coñecemento da lingua, lingua e sociedade e educación literaria.
-
-
Logo de rematada a unidade deberá ser quen de:
-
-
Comprender textos orais ou escritos de diversa procedencia.
-
Coidar adecuadamente o uso da lingua oral.
-
Distinguir as ideas principais e secundarias nos textos escritos.
-
Realizar, por escrito, narracións de experiencias vividas con claridade, coa estrutura e co rexistro axeitados, en soporte impreso ou dixital.
-
Utilizar os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para mellorar a comprensión de textos escritos ou orais e para compor e revisar os textos propios desta unidade, en soporte tanto impreso como dixital.
-
Recoñecer e utilizar adecuadamente os signos de puntuación nos textos propios.
-
Distinguir entre palabras variables e invariables, así como as categorías gramaticais máis importantes.
-
Recoñecer a riqueza multicultural e a diversidade lingüística da sociedade actual, nomeadamente en España e en Galicia, respectalas e valoralas.
-
Coñecer a situación sociolingüística que se vive en Galicia.
-
Coñecer as características principais dos grandes xéneros literarios.
-
Desenvolverse de forma máis adecuada na capacidade de lectura e usar os coñecementos adquiridos sobre literatura para unha mellor comprensión dela e do mundo.
-
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License