2.7 Normas para unha boa convivencia

Lea o seguinte textos e os das páxinas seguintes, e realice as actividades propostas.

 

Tabaco e drogas

No IES de X non se permite fumar nin consumir drogas en ningunha das súas dependencias.

Normas de educación:

  • Non se poderá asistir ao instituto en traxe de baño.
  • Dentro do edificio do instituto non se pode levar viseira, casco nin similar.
  • Débese camiñar ordenadamente polos corredores, sen berros, carreiras nin empurróns.
  • Débese evitar dicir palabras malsoantes ou degradantes.
  • Non se poderá estar sentado nas escaleiras nin nos corredores.
  • Dentro do edificio do instituto non se permite utilizar MP3, PSP nin calquera aparello de música, imaxe ou entretemento, teña ou non auriculares.

A puntualidade e asistencia ás clases

  • É conveniente ser puntual nas entradas e saídas na aula, tanto o profesorado como o alumnado, para conseguir un mellor rendemento nas clases.
  • É obrigatorio asistir diariamente a todas as clases. Se por algún motivo non se pode acudir, débese avisar por teléfono ao instituto e, cando se reincorpore, traer cuberta a xustificación oportuna no formulario oficial.

Teléfonos móbiles

Para un adecuado desenvolvemento das clases, e co fin de evitar molestias, débense desconectar os teléfonos móbiles antes de entrar no instituto. E en ningún caso está permitido sacar fotografías nin vídeos.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License