2.1 Características da lingua oral (aspectos teóricos)

  • Na lingua oral a canle de comunicación é auditiva. O receptor (a persoa que nos escoita) percibe o texto co oído.
  • Na lingua oral a comunicación prodúcese de maneira case inmediata, xa que tanto o emisor (quen produce a mensaxe) coma o receptor están presentes.
  • A lingua oral é momentánea, isto quere dicir que a mensaxe que nós producimos e que outro ou outros escoitan ten a duración limitada a ese momento preciso de comunicación.
  • A lingua oral está fortemente apoiada na entoación (interrogativa, exclamativa…) e nos xestos corporais dos falantes que transmiten moita información (sorpresa, dúbida, ironía, etc).
  • Na lingua oral o normal é que interactúen emisor e receptor (fala un, fala outro, interrómpense, quítanse a palabra, un acaba a frase que empezou o outro, etc.). Todo isto vai construíndo e modificando a mensaxe no propio momento en que se produce.
  • A lingua oral é máis espontánea e menos coidada, abundan nela as repeticións, as frases inacabadas, as frases feitas, os monosílabos, as onomatopeas, as palabras malsoantes, etc. Ademais, as súas estruturas son máis sinxelas.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License