Con poucas palabras, poña por escrito de que se fala en cada un.
Nos vídeos que acaba de ver, cal lle pareceu máis difícil de entender? Sabería dicir algún dos motivos polos que sucede iso?
S2. Agora pense un momento na vida cotiá que fai todos os días; por exemplo, cando vai a unha cafetaría con outras persoas e mentres toman un café falan de diversos temas, nun ambiente distendido. Como é a linguaxe oral que emprega? En que se diferencia da vis. ta nos textos 2.1 e 2.2?
S3.Cando producimos un texto de carácter oral, sexa en galego ou en castelán, é moi importante articular e pronunciar de xeito claro o que queremos dicir; do mesmo xeito, debemos respectar a gramática de calquera das linguas que empreguemos. Por que?
S4.Xa que logo, cre que unha persoa debe esforzarse e ter un certo interese por coidar a lingua que emprega nas máis diversas situacións de comunicación oral? Por que?
S1.
Que tipo de comunicación se dá nos dous textos?
Comunicación oral.
De que se fala en cada vídeo?
Texto 2.1: San Finx. Fálase do rexurdimento destas minas que foron utilizadas polos alemáns na Segunda Guerra Mundial, pois abastecíaos dun mineral que necesitaban: o volframio.
Texto 2.2: Manuel Rivas no Culturgal: Rivas fálanos de como entende el o proceso de escribir, centrándose, sobre todo, no seu último libro titulado “A corpo aberto”.
Que vídeo é máis difícil de entender? Por que motivo sucede iso?
O vídeo de Manuel Rivas pode resultar máis difícil de entender que o das minas de San Finx porque o emisor (Rivas) fala bastante rápido expoñendo unha considerable cantidade de conceptos e ideas ligados á literatura, polo tanto, específicos dun tema propio. Por iso o vídeo necesita ser visto máis dunha vez para a súa correcta comprensión. Pola contra, o vídeo de San Finx caracterízase polo feito de que a voz da narradora coméntanos a noticia cunha linguaxe sinxela e doada de comprender, utilizando unha velocidade adecuada..
S2.
Na cafetaría, cos amigos: utilizamos unha linguaxe distendida, afastada de toda formalidade. Podemos saltarnos cachos do discurso pois probablemente existe unha certa complicidade entre nós e as demais persoas coas que tomamos o café, polo que non necesitamos expor explicitamente toda a información. Ademais, utilizaremos un léxico e unhas construcións orais menos traballadas que nos vídeos da actividade S1, utilizando posiblemente palabras malsoantes. Tamén empregaremos monosílabos e onomatopeas para responder ao(s) noso(s) interlocutor(es), xestos coas mans, coa cara…
S3 .Para que o receptor ou receptores que teñamos diante nos comprenda(n) adecuada e correctamente evitando así posibles confusións ou equívocos.
S4. O falar adecuadamente e o esforzo por intentar facelo e querer mellorar día a día benefícianos porque deste xeito poderemos comunicarnos máis eficazmente coas persoas que nos rodean e que forman parte da sociedade na que vivimos. Deste xeito, entenderásenos mellor e poderemos movernos con total liberdade e seguridade no mundo que nos rodea. Simultaneamente, a imaxe que de nós proxectamos ao resto das persoas verase beneficiada por todos os factores xa comentados.