2.12 Falamos pero non conversamos
|
"Falamos pero non conversamos", ten escrito o filósofo Fernando Savater. "Disputamos, pero rara vez discutimos. A conversa non consiste en formular peticións ou súplicas, nin ladrarse ordes ou ameazas, nin sequera en murmurar adulacións ou promesas de amor. A arte da conversa é o estadio máis sofisticado, máis civilizado, da comunicación por medio da palabra. Unha arte feita de intelixencia, de humor, de bos argumentos, de anécdotas e historias axeitadas, de atención ao que di o veciño, de respecto crítico, de cortesía... É tan sofisticada e civilizada esta arte que hoxe probablemente só segue estando ao alcance dalgunhas tribos de Kalahari que descoñecen tanto a presa funcional como a xerga cibernética." Coa perda da conversa, da parola, coa extinción do diálogo aquel- sentados en cadeiras de madeira nas beirarrúas do lugar, arredor duns vasos de café, ou de caña, de fino, de Rioxa, de albariño, de ribeira, ou de chinchón, ou de mate ou de tequila...co tempo por diante e por detrás-, o intercambio de palabras cada vez ocupa menos espazo nas nosas vidas. E, como non, a discusión cordial entre veciños en torno a unha mesa ou aquelas reunións de amigos quedaron substituídas polas conversas de radio, cuxos integrantes xeralmente non dominan nin a lingua que falan nin os temas que tratan". |
|
Grijelmo, Alex, Defensa apasionada del idioma español. Editorial Punto de lectura, Madrid, 2006 |
Actividade proposta
Actividade proposta
S11. Poña os signos de puntuación que faltan nestas frases.
- Os días da semana son luns martes mércores xoves venres sábado e domingo
- Aquela muller dixo Quero que saiades todos agora mesmo
- O cura preguntou Quen quere comulgar
- Antonio Castelao o gran escritor artista e político galego naceu en Rianxo
- Meu querido amigo
- Recibín o teu correo e dispóñome a contestarte
- Ti vasme dando o que eu che pida papel lapis cores ceras
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License