O que son
Nos ecosistemas terrestres os seres vivos están no chan e rodeados de aire. Hai varios tipos de ecosistemas terrestres, entre eles atópanse os bosques, as praderías, as estepas, os desertos, as tundras e as montañas.

Apoio visual

Nos ecosistemas terrestres os seres vivos están no chan e rodeados de aire. Hai varios tipos de ecosistemas terrestres, entre eles atópanse os bosques, as praderías, as estepas, os desertos, as tundras e as montañas.


O bosque é un ecosistema en que a vexetación que máis abunda son as árbores. As árbores proporcionan acubillo e alimentos a moitas aves, mamíferos e roedores.
Na península Ibérica existen principalmente dous tipos de bosques: o bosque atlántico e o bosque mediterráneo.
O bosque atlántico está formado por árbores de folla caduca como as faias, os castiñeiros, os pradairos e os carballos.
Dáse nas zonas de clima cálido e húmido. Abundan os animais como o oso, o lobo e a pita de monte.
O bosque mediterráneo está formado por árbores de folla perenne como as aciñeiras e as sobreiras.
Esténdese polas zonas secas e cálidas. Viven animais como o lince, o coello, a aguia imperial e a pomba.
Selvas (como a Amazonia), bosques tropicais secos (Colombia), taiga (vastos bosques de terras baixas como os de Canadá ou Finlandia) e matogueira mediterránea.

A pradaría é un ecosistema onde predominan as herbas. Adoitan ter chans fértiles onde crecen abundantes pastos que serven de alimento ao gando.
Esténdese polas zonas de montaña con invernos fríos e bastante humidade. Viven moitos animais invertebrados, como bolboretas, saltóns, ou vertebrados coma marmotas.
A estepa é tipo de pradaría con escasa vexetación e temperaturas extremas. É unha enorme extensión de terreo chan con algunhas herbas, arbustos e escasas árbores. Esténdese por climas secos e nela viven animais como lebres, lavercas e ratos, entre outros.

O deserto é un ecosistema con escaseza de auga, chans pobres e temperaturas extremas. A maioría son enormes extensións de area. A vexetación é escasa, e hai poucos animais. Dáse en lugares de clima moi seco.

A tundra é un lugar moi frío, co chan conxelado case todo o ano. Apenas medran árbores, só plantas pequenas como musgos e liques, e viven animais adaptados para soportar o frío, coma o reno, o lemming ou o oso polar.

Son elevacións naturais e destacadas do terreo. A súa aparencia e os seres vivos que as habitan dependen de se están en zonas frías ou cálidas, e da altura que teñan.
Os ecosistemas terrestres están formados por bosques,
pradarías, desertos, tundras e montañas.
O bosque é un ecosistema en que a vexetación que máis abunda son as árbores.
As árbores proporcionan acubillo e alimentos a moitas aves, mamíferos e roedores.
Na península Ibérica existen principalmente dous tipos de bosques:
o bosque atlántico e o bosque mediterráneo.
O bosque atlántico está formado por árbores de folla caduca
como as faias, os castiñeiros, os pradairos e os carballos.
Dáse nas zonas de clima cálido e húmido.
Abundan os animais como o oso, o lobo e a pita de monte.
O bosque mediterráneo está formado por árbores de folla perenne
como as aciñeiras e as sobreiras.
Esténdese polas zonas secas e cálidas.
Viven animais como o lince, o coello, a aguia imperial e a pomba.
Outros tipos de bosques do mundo son as selvas (como a Amazonia),
bosques tropicais secos (Colombia),
taiga (vastos bosques de terras baixas como os de Canadá ou Finlandia)
e matogueira mediterránea.
A pradaría é un ecosistema onde predominan as herbas
que serven de alimento ao gando.
Esténdese polas zonas de montaña con invernos fríos e bastante humidade.
Viven moitos animais invertebrados, como bolboretas,
saltóns, ou vertebrados coma marmotas.
A estepa é un tipo de pradaría con pouca vexetación,
é unha enorme extensión de terreo chan con algunhas herbas,
arbustos e escasas árbores. Ten clima seco e nela viven animais como lebres,
lavercas e ratos, entre outros
O deserto é un ecosistema con moi pouca auga,
chans pobres e temperaturas extremas. Hai moita area e poucas plantas e animais.
A tundra é un lugar moi frío, co chan conxelado case todo o ano.
Hai poucas árbores, só hai plantas pequenas como musgos e liques,
e viven animais que resisten o frío, coma o reno, o lemming ou o oso polar.
As montañas son elevacións do terreo.
As montañas teñen plantas e animais moi diferentes segundo a altura.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0