4.2. Ensaios e montaxe do posto
Toca ensaiar!

Montaxe do posto
Como grupo, precisades recompilar todo o necesario para o voso posto na feira.
- Mesas para colocar as maquetas.
- Unhas teas ou papel continuo para cubrir as mesas.
- Elaborar un cartel colaborativo entre equipos co tema da vosa exposición.
Infografías
Cada equipo escollerá as infografías dos ecosistemas que lles tocou elaborar.
É importante que se poñan á vista e preto do lugar onde se colocará a maqueta dese ecosistema.
Ensaios
Agora que xa sabes os ecosistemas que che tocaron no teu equipo, é o momento de ensaiar o que dirás na exposición.
O día da feira realizaranse quendas constituídas por un membro de cada equipo para ter cubertos todos os ecosistemas.
Así que prepara a túa parte redactando un pequeno guión, ensaia, repite e sóltate para que a exposición sexa o máis natural posible.
Lembra apoiarte nas infografías, xa que che axudarán a non esquecer nada.
Ánimo, que estamos na recta final... Xa chega o gran día!
Audio
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0