A interacción entre factores bióticos e abióticos nun ecosistema
Dentro dos factores bióticos están os organismos vivos como plantas, animais e bacterias.
E os factores abióticos son os elementos non vivos como temperatura, luz solar, chan e auga.
A relación entre os factores bióticos e abióticos sería:
Plantas

Necesitan luz solar para a fotosíntese, auga para medrar, e nutrientes do chan.
Animais

Dependen da auga para beber, do chan para atopar alimento, e da temperatura para regular o seu corpo.
Bacterias
.png)
Poden necesitar condicións específicas de temperatura e humidade para sobrevivir.
Esta interacción é esencial para manter o equilibrio nos ecosistemas. É como un videoxogo onde cada elemento ten o seu papel para que todo funcione ben!
Lectura facilitada
Os ecosistemas teñen factores bióticos e abióticos.
Os factores bióticos están os organismos vivos
como plantas, animais e bacterias.
Os factores abióticos son os elementos non vivos,
por exemplo, temperatura, luz solar, chan e auga.
Exemplos de relación entre os factores bióticos e abióticos:
As plantas necesitan luz solar para a fotosíntese,
auga para medrar, e nutrientes do chan.
Os animais dependen da auga para beber, do chan para atopar alimento,
e da temperatura para regular o seu corpo.
As bacterias necesitan condicións específicas
de temperatura e humidade para sobrevivir.
Estas relaciones son importantes para manter o equilibrio nos ecosistemas.
Todo é como un videoxogo onde cada elemento ten o seu papel para que todo funcione ben!