Os ecosistemas
Un ecosistema é o conxunto de seres vivos que habitan e se relacionan nun lugar.
Está formado por tres tipos de compoñentes:
- Seres vivos
- Medio físico (un lugar)
- As relacións entre os diferentes elementos do ecosistema: os seres vivos interactúan entre eles, e tamén co medio físico.

Por exemplo, un lago é un ecosistema composto polos animais acuáticos, as plantas e os microorganismos que o habitan, a auga doce que é a base do seu sustento, o fondo no que crecen certas plantas e as rochas onde os peixes poñen os seus ovos. As ras cazan insectos que voan preto da auga.
Lectura facilitada
Un ecosistema está formado por un lugar,
os seres vivos que viven nese sitio.
Tamén son importantes as relacións dos seres vivos entre eles,
e co medio no que están.
O ecosistema está formado por tres compoñentes:
- Os seres vivos.
- O lugar, ao que tamén chamamos medio físico.
- As relacións entre os elementos do ecosistema:
- Os seres vivos interactúan entre eles.
- Os seres vivos interactúan co medio físico.
Por exemplo,
un lago é un ecosistema composto polos animais acuáticos,
as plantas e os microorganismos que o habitan,
a auga doce, o fondo no que crecen certas plantas
e as rochas onde os peixes poñen os seus ovos.
As ras cazan insectos que voan preto da auga.
