Feira de ciencias

Por fin chegou o día!
A feira de ciencias abre as súas portas, e xa tes todo listo.
É unha sorte poder aprenderlles a outras persoas toda a información interesante que investigaches e ensinar todo o traballo nesas magníficas maquetas.
Goza do día! Con todo preparado e ese traballo en equipo que fixestes, nada pode saír mal!
Sería moi interesante poder saber a opinión das persoas que visiten o posto de maquetas.
Podes pasar unha enquisa para que a xente poida facer unha pequena valoración.