Saltar navegación

1.3. Obxectivos

 

Glosario

Maqueta

A imaxe representa unha maqueta.

Definición:

A maqueta é unha representación a escala e en 3D, de obxectos reais, que facilita a  visualización e comprensión da súa estrutura e composición.

Exemplo:

Fixemos unha maqueta dos accidentes xeográficos.

Material de refugallo

A imaxe mostra material de refugallo.

Definición:

O material de refugallo é todo aquel material que se pode reutilizar para crear outros obxectos. Poden ser botellas de plástico, bolsas, envases e contedores, metais, produtos de papel ou cartón, vidros, teas...

Exemplo:

Faremos as maquetas con material de refugallo como bolsas de plástico, botellas de auga e xornais.

O que debes conseguir

  1. Elaborar maquetas co teu grupo de traballo.
  2. Dominar os contidos de ciencias que imos precisar.
  3. Ser capaz de presentar as características das maquetas do teu grupo a outras persoas.
  4. Crear unha presentación con apoio visual para levar á feira.
  5. Aproveitar e reutilizar material de refugallo para facer unha maqueta.

O que vas aprender

Durante este proxecto aprenderás cousas moi importantes:

A explorar diferentes ecosistemas do mundo.

Lupa ampliando a folla dunha planta

A coñecer os elementos dos ecosistemas.

 Cadro con imaxes de ave, margarida, penedo e lagoa

A deseñar, construír e compartir.

Mans manipulando diferentes obxectos

A investigar os fenómenos naturais.

Matraz Erlenmeyer a medio encher e enriba debuxos de dúas nubes con precipitacións

A resolver problemas e analizar o proceso. 

Persoa pensando interrogantes e dicindo exclamacións

A traballar en equipo.

Persoas traballando en equipo arredor dunha mesa

A utilizar diversas fontes de información.

Pictograma que mostra un ordenador portátilPictograma que mostra revistas e banda deseñada

A presentar o traballo do teu equipo na Feira de Ciencia do colexio.

Persoas nunha feira de mostras

Feito con eXeLearning (Nova xanela)