Formamos os equipos

Para comezar a traballar o primeiro paso será facer os equipos que deberán traballar xuntos. Neste caso imos utilizar a dinámica de "Crebacabezas de cores".
Darémosvos as pezas dun crebacabezas de diferentes cores. Cada estudante collerá unha peza nunha caixa, sen ver o que colle, e despois agruparase con quen teñan a mesma cor. Isto fomenta a interacción e a colaboración dende o principio.
Modelo de pezas do crebacabezas para formar equipos en formato PDF (nova xanela)
Modelo de pezas do crebacabezas para facer equipos en formato editable