Non o cres?

Pois si, podes crear un ecosistema dentro dun frasco!
Agora que xa sabes un pouquiño máis sobre o ciclo da auga, comprenderás mellor o que pode ocorrer se plantamos algunhas plantas en terra, dentro dun frasco, e o mantemos á luz do sol, e pechado.
Queres comezar xa?
Aquí che deixo información de todo o que precisas.
Dentro vídeo!
Lembra os materiais que precisas e experimenta o que ocorrerá pasados uns días.

1. Terra
2. Pedras
3. Pulverizador con auga
4. Pa de xardineiría
5. Paus
6. Plantas
7. Frasco de vidro transparente con tapadeira
Podes utilizar calquera planta que poida caber dentro do frasco, aínda que nós utilizamos no exemplo suculentas polo seu tamaño, polo seu rápido crecemento, e por ver a súa marabillosa reprodución, pois con que só lle caia unha folliña na terra, poderemos ver como dela nacerá unha nova planta. É un proceso xenial!
Fíxate nestas imaxes para ver de que estamos a falar:

É unha pasada! Verdade?
Veña, xúntate co teu equipo e, unha vez teñades todos os materiais, é o momento de facer o voso propio ecosistema! Adiante!
Lectura facilitada
Aquí aprenderás a facer o teu propio ecosistema dentro dun frasco, para o cal precisas:
- Un frasco
- Terra
- Pedras
- Paus
- Plantas de pequeno tamaño e crecemento rápido, como as suculentas, por exemplo
- Un pulverizador con auga
Unha vez teñas todos os materiais, reparte tarefas co resto de compeñeiros e compañeiras de equipo e comezade a crear o voso mini ecosistema. Podedes fixarvos nas imaxes e no vídeo que vos deixamos aquí.