Saltar navegación

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Cando comezamos este reto explicamos o que é un diario de aprendizaxe. Cando usas o diario estás a desenvolver a túa autonomía ao tempo que reflexionas sobre a forma de aprender.

Lembra que o diario de aprendizaxe non é para avaliar, pero que pode ser revisado polo profesorado para ver como foi o proxecto. Escribe con sinceridade e analiza con franqueza a maneira na que aprendes xa que che axudará a coñecerte mellor para futuras aprendizaxes.

Como usamos o diario de aprendizaxe?

O diario de aprendizaxe é un documento de reflexión onde irás recollendo o teu propio progreso nesta unidade, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo.

Deberás cubrir este diario de aprendizaxe a medida que cho indique a túa profesora ou o teu profesor así como as instrucións da unidade, segundo avances na túa aprendizaxe. Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)