Saltar navegación

A biodiversidade

A importancia da biodiversidade

Os seres vivos dependemos uns de outros para sobrevivir.

Por iso é importante coidar a biodiversidade e protexer as especies en perigo.

Aquí tes exemplos de seres vivos e elementos da natureza que equilibran os ecosistemas:

Abellas

pictograma dunha abella polinizando (ARASAAC)

As abellas polinizan as plantas, o que axuda a que crezan froitas e verduras.

Mares, ríos e océanos

Pictograma do océano (ARASAAC)

Os mares, océanos e ríos son o fogar de moitas especies animais e plantas, e dannos auga e alimento.

Árbores

Pictograma dun bosque (ARASAAC)

As árbores proporcionan osíxeno para respirar e regulan o clima.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)