Saltar navegación

Compoñentes

 

Glosario

Axentes atmosféricos

Imaxe de varios fenómenos atmosféricos

Definición:

Os axentes atmosféricos son os elementos e fenómenos naturais presentes na atmosfera que provocan a descomposición, desgaste ou modificación das rocas, chans e outras superficies terrestres ao longo do tempo.

Exemplo:

Cando planificas unha viaxe debes estar atenta/atento aos axentes atmosféricos.

Composición dos ecosistemas

Un ecosistema está composto por: 

Medio físico

imaxe de diferentes compoñentes abióticos

É o lugar no que viven os seres vivos e as súas características.

Pode ter elementos orgánicos e inorgánicos.

Orgánicos: proceden de organismos que estiveron vivos. Por exemplo, o humus, que é a materia orgánica do solo e está formada por residuos vexetais e animais.

Inorgánicos:  por exemplo, as rocas, a area, a auga e os axentes atmosféricos como o vento e as precipitacións.

Os elementos do medio físico tamén reciben o nome de factores abióticos.

Seres vivos

Imaxe con varios seres vivos.

Son todos os seres vivos que habitan no ecosistema. Tamén recibe o nome de biota.

Agrúpanse en:

Especie: conxunto de seres vivos con características comúns e que poden reproducirse entre eles.

Poboación:  conxunto de todos os seres vivos da mesma especie que hai no ecosistema.

As poboacións que se atopan nun ecosistema forman unha comunidade.

As relacións

Un aspecto fundamental dos ecosistemas son as relacións que se establecen entre todos os seus elementos: organismos vivos co medio físico, e vínculos entre os diferentes seres vivos. Un ecosistema é un sistema complexo e que cambia continuamente. 

Seres vivos co lugar: o medio físico inflúe nos seres vivos, e os organismos modifican o medio.

Entre os seres vivos: por exemplo, a relación de alimentación. No apartado 3.4. aprenderás máis sobre as relacións entre os seres vivos dun ecosistema.

Ademais, un ecosistema é un sistema aberto, é dicir, ten intercambios de materiais e enerxía con outros ecosistemas. Por exemplo, a través dos animais que se desprazan ou do vento que transporta pole e outras substancias, tanto orgánicas como inorgánicas.

Os organismos vivos divídense en tres categorías:

Autótrofos

Pictograma dunha planta

Son as plantas verdes e algunhas bacterias; capaces de sintetizar substancias orgánicas a partir de materia inorgánica.

Consumidores

Pictograma de animais e plantas.

Son os animais e algunhas plantas; que se alimentan doutros organismos ou das substancias orgánicas que estes producen.

Descompoñedores

Pictograma de fungos

Son as bacterias, fungos e outros; que degradan as moléculas orgánicas producindo substancias utilizadas polos produtores, reiniciando así o ciclo.

Dentro dun ecosistema, cada especie ten o seu propio hábitat, é dicir, unha zona coas características que permiten o seu ciclo vital.

Por tanto, en xeral, un ecosistema comprende varios hábitats que se superpoñen parcialmente entre si.

Resumo

Esquema sobre os compoñentes dun ecosistema

Lectura facilitada

Un ecosistema está composto polo lugar,
os seres vivos de ese sitio
e as relacións entre todos eles.


1. O lugar é o medio físico no que están os seres vivos.

Pode ter elementos orgánicos e inorgánicos.
Orgánicos: proceden de organismos que estiveron vivos.
Por exemplo, o humus, que é a materia orgánica do solo
e está formada por residuos vexetais e animais.
Inorgánicos:  por exemplo, as rocas, a area,
a auga e os axentes atmosféricos como o vento
e as precipitacións.

Os elementos do medio físico tamén se chaman factores abióticos.

2. Os seres vivos
Son todos os seres vivos que habitan no ecosistema.
Tamén recibe o nome de biota.

Os seres vivos forman distintos grupos.
Especie: conxunto de seres vivos con características comúns
e que poden reproducirse entre eles.
Poboación:  conxunto de todos os seres vivos
da mesma especie que hai no ecosistema.
As poboacións que se atopan nun ecosistema forman unha comunidade.

3. As relacións
Os organismos vivos relaciónanse co medio físico,
tamén existen vínculos entre os diferentes seres vivos.
Un ecosistema é un sistema complexo e que cambia continuamente. 

Exemplos de relacións:
Seres vivos co lugar: o medio físico inflúe nos seres vivos,
e os organismos modifican o medio.

Entre os seres vivos: a relación de alimentación.
No apartado 3.4. aprenderás máis sobre as relacións
entre os seres vivos dun ecosistema.

Un ecosistema tamén ten relacións con outros ecosistemas.
por exemplo, a través dos animais
que se desprazan dun sitio a outro
ou do vento que transporta pole
e outras substancias orgánicas e inorgánicas.

Os organismos vivos divídense en tres categorías:

1. Autótrofos
Son as plantas verdes e algunhas bacterias
que poden sintetizar substancias orgánicas
a partir de materia inorgánica.

2. Consumidores
Son os animais e algunhas plantas
que se alimentan doutros organismos
ou das substancias orgánicas que estes producen.

3. Descompoñedores
Son as bacterias, fungos e outros
que actúan sobre a materia orgánica
e crean substancias que despois utilizan os produtores,
reiniciando así o ciclo.

Dentro dun ecosistema, cada especie ten o seu propio hábitat,
é dicir, unha zona coas características que permiten a súa vida.

Apoio visual

Esquema sobre os compoñentes dun ecosistema

Feito con eXeLearning (Nova xanela)