Considérase matogueira a formación vexetal composta maioritariamente por arbustos que crean ecosistemas de por si sen estrato arbóreo ou con árbores moi dispersas
Exemplo:
O can perdeuse naquela matogueira.
Sabana
Definición:
Trátase dun tipo de ecosistema con pasteiros e herbas, onde hai poucas árbores, típico de zonas cálidas como África ou América do Sur.
Exemplo:
As xirafas viven na sabana en liberdade.
Tundra
Definición:
Terreo aberto e chairo de clima subglaciar e subsolo xeado, rexións sen árbores co chan cuberto de musgos e liques e pantanoso en moitos sitios, atópanse no Ártico e nas cimas das montañas.
Exemplo:
Naquela tundra non atopamos ningún lugar de refuxio.
Tipos de ecosistemas
O medio físico dun ecosistema está formado polo chan, a auga, o aire, a luz, a temperatura, o vento e a humidade. As características do lugar determinan o tipo de ecosistema e os seres vivos que poden vivir nel.
O medio físico pode ser terrestre ou acuático, máis ás veces mestúranse características dos dous anteriores dando lugar aos ecosistemas mixtos.
Ecosistemas terrestres
Bosques
Por exemplo, bosque atlántico, bosque mediterráneo, selvas (como o Amazonas), bosques tropicais secos (Colombia), taiga (vastos bosques de terras baixas como os de Canadá ou Finlandia), matogueira mediterránea...
Pradarías
Inclúen grandes praderías (como as de América do Norte) e pasteiros, pero tamén entran nesta categoría zonas menos frondosas como as sabanas (en gran parte de África e Australia) e as estepas (Asia Central).
As tundras danse en zonas subpolares frías con escasa vexetación (Siberia, Alasca, Islandia...)
Montañas
Himalaia, Andes, Alpes, entre outros.
Ecosistemas acuáticos
Mariños
Praias
Areais, case sempre chás, que se forman nas beiras dos mares.
Costas rochosas
Están formadas por rochas moi variadas, que presentan tamén formas moi diferentes, nas beiras dos mares, debido ás ondas e ao clima.
Mar aberto
Unha extensión xigante de auga salgada directamente conectada co océano.
De auga doce
Ríos
Correntes naturais de auga que van sobre a terra e rematan desembocando noutro río, lago ou mar.
Lagos e lagoas
Extensións de auga doce, rodeadas de terra e que non se comunican directamente co mar. O lago ten maior extensión que a lagoa.
Estanques
Depósito natural de auga doce de pequeno tamaño.
Ecosistemas mixtos
Zonas húmidas
Zonas de terra que se cubren de auga, doce ou salgada, de xeito temporal ou permanente.
Mangleirais
Ecosistemas costeiros, de zonas tropicais ou subtropicais, nos que abundan árbores e arbustos adaptados a vivir en augas intermareais.
Esteiros
Desembocaduras de ríos, con abundante caudal, no mar. Adoita ter a forma dun funil cortado lonxitudinalmente.
Nas seguintes páxinas poderás aprender máis sobre cada un dos tipos de ecosistemas.
Preme no esquema para amplialo.
Lectura facilitada
O medio físico dun ecosistema está formado polo chan, a auga, o aire, a luz, a temperatura, o vento e a humidade. As características do lugar determinan o tipo de ecosistema e os seres vivos que poden vivir nel.
O medio físico pode ser terrestre ou acuático, Hai ecosistemas que mesturan características dos terrestres e os acuáticos dando lugar aos ecosistemas mixtos.
Os ecosistemas terrestres están formados por bosques, pradarías, desertos, tundras e montañas. Exemplos de bosques son o bosque atlántico, bosque mediterráneo, selvas como a Amazonia, bosques tropicais secos, taiga e matogueira mediterránea As pradarías inclúen grandes zonas como en América do Norte e pasteiros. Tamén entran nesta categoría sitios menos frondosos como as sabanas e as estepas. Pode haber desertos cálidos,como o Sahara, e desertos fríos como o de Gobi, tamén desertos xeados como na Antártida ou Groenlandia. As tundras danse en zonas subpolares frías con escasa vexetación, por exemplo, en Siberia, Alasca e Islandia. Algunhas grandes montañas son o Himalaia, os Andes e os Alpes.
Os ecosistemas acuáticos son mariños e de auga doce. Os mariños teñen praias, que son areais que se forman nas beiras dos mares. Tamén son ecosistemas mariños as costas rochosas, que están formadas por rochas moi variadas, e teñen formas moi diferentes debido ás ondas e ao clima. O mar aberto é unha extensión xigante de auga salgada conectada co océano. Os ecosistemas acuáticos de auga doce están formados por ríos, lagos, lagoas e estanques. Os ríos son correntes naturais de auga que van sobre a terra e rematan desembocando noutro río, lago ou mar. As lagos e lagoas, son extensións de auga doce, rodeadas de terra e que non se comunican directamente co mar. Os lagos son máis grandes que as lagoas. Os estanques son un depósito natural de auga doce de pequeno tamaño.
Os ecosistemas mixtos están formados por zonas húmidas, mangleirais e esteiros. As zonas húmidas son zonas de terra que se cubren de auga, doce ou salgada, de xeito temporal ou permanente. Os mangleirais son ecosistemas costeiros, de zonas tropicais ou subtropicais, con moitos árbores e arbustos adaptados a vivir en augas intermareais. Os esteiros fórmanse nas desembocaduras de ríos que levan moita auga.