Os ecosistemas acuáticos
Os ecosistemas mariños
Caracterízanse pola salinidade e polo movemento continuo da auga debido á ondada, ás mareas e ás correntes.
Nos ecosistemas acuáticos de auga salgada distinguimos as praias, as costas rochosas e o mar aberto.
As praias
As praias están influídas polas mareas e as ondas. Hai aves, como as gaivotas e animais enterrados na area, como os vermes e as pulgas de mar.

As costas rochosas

Nas costas rochosas hai abundantes algas e numerosos animais como a estrela de mar, polbos, anemones e peixes como as chernas ou as moreas.
O mar aberto

O mar aberto atópase lonxe da costa e as súas augas son moi profundas. Viven medusas, tartarugas mariñas, peixes como a sardiña, o atún ou a quenlla, e mamíferos como as baleas ou os golfiños.
Audio
Os ecosistemas de auga doce
Os ecosistemas de auga doce están formados polos ríos, os lagos, as lagoas e os estanques.
Os ríos
A auga dos ríos está en continuo movemento e os animais que viven nel deben adaptarse á forza da corrente. Nos ríos viven moitos animais como londras, merlo acuático, peixes e moitas larvas de animais invertebrados.

Lagos e lagoas
Nos lagos e lagoas, a auga está estancada. Nelas crecen plantas como espadanas, carrizos ou xuncos e animais como a pita de auga, garzas, mergullóns, ras, sapoconchos, libélulas…

Os estanques
Un estanque é un hábitat onde normalmente hai auga que provén da choiva, polo tanto, é de auga doce. A auga non posúe corrente ningunha, é dicir, que se se move é por obra do vento ou animais.
Atopamos plantas acuáticas como nenúfares, xuncos, leitugas de auga... Animais como as carpas, ras, cobras de auga; garzas, pitas de auga, vermes, caracois e lesma.

Audio
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0
