Toca analizar como foi todo

Despois de analizar todo o camiño percorrido, é o momento de ver os resultados do teu traballo final, e do traballo dos equipos.
Podes compartir co teu equipo as valoracións que fixeron as persoas que visitaron o posto da feira, tras encher a rúbrica que lles pasastes. Comentar entre todos e todas as cousas que saíron ben e as que habería que mellorar. Isto axudarache a aprender máis deste reto.
Precisas axuda para entender o esquema?
Neste esquema tes un pequeno resumo do que fixeches en cada fase.
Fase 1. O reto.
Fase 2. Que é unha feira de ciencias.
Fase 3. Elaborar infografías de ecosistemas e biodiversidade.
Fase 4. Elaborar maquetas, seleccionar infografías e o gran día.
Fase 5. Análise de resultados.