Reparto de ecosistemas por equipos
Para saber que maquetas elaborará cada equipo contaremos co factor sorte.
Cada equipo collerá un sobre que corresponde a dous ecosistemas que tes que elaborar co teu equipo.
Cada sobre contén dous ecosistemas:
- Sobre 1: unha maqueta de bosque (Atlántico e Mediterráneo) e outra maqueta de mar aberto.
- Sobre 2: unha maqueta de praia ou costa rochosa e outra maqueta de río.
- Sobre 3: unha maqueta de deserto ou estepa e outra maqueta de lagoa ou estanque.
- Sobre 4: unha maqueta de pradería e outra maqueta de zona húmida, esteiro ou mangleiral.
Como podes ver nas opcións, ás veces, agrúpanse ecosistemas parecidos. Por exemplo, agrupáronse os bosques, nese caso escolleredes no equipo un dos dous.
Lectura facilitada
Cada equipo colle un sobre.
Cada sobre ten o nome de dous ecosistemas.
En equipo tedes que elaborar dúas maquetas, unha de cada ecosistema.
Sobre 1: bosque e mar aberto.
Sobre 2: praia ou costa rochosa e río.
Sobre 3: deserto ou estepa e lagoa ou estanque.
Sobre 4: pradería e zonas húmidas, esteiros ou manglares.
Agrupáronse ecosistemas parecidos.
Neste caso tedes que escoller un.
Colle un papel e fai un pequeno debuxo do produto final.
Escolle a base.
Agora fai unha listaxe dos elementos representativos do ecosistema que ides recrear. Os máis empregados serán elementos naturais e de flora, e se o vedes apropiado para a maqueta, podedes usar elementos de fauna.
É o momento de colocar todos os elementos e darlle forma ao ecosistema.