É un dos mecanismos máis importantes que permiten transferir enerxía e materia a través do compoñente biótico dun ecosistema.
Hai unha relación trófica entre dous organismos, cando un deles é consumido polo outro. Tamén se coñece co nome de cadea alimentaria.
Calquera cadea trófica está formada por niveis, a través dos cales se van pasando os nutrientes e a enerxía, pasando dun organismo ó outro, en forma de alimento.

Os distintos niveis da cadea trófica son:
1. Produtores
Son organismos autótrofos. Fabrican o seu propio alimento a través da fotosíntese.
Como exemplo, poderíamos falar das algas, plantas e algunhas bacterias.



2. Consumidores primarios
Son os herbívoros.
Comen aos produtores (plantas).

3. Consumidores secundarios
Son carnívoros.
Aliméntanse dos consumidores primarios (herbívoros).

4. Consumidores terciarios
Son os carnívoros que se alimentan de consumidores secundarios (outros carnívoros).

5. Descompoñedores
Aliméntanse de restos de seres vivos. Transforman a materia orgánica en sales minerais.
Exemplos de descompoñedores serían as bacterias, os fungos e algúns invertebrados como as miñocas.
