Exploramos
Vas traballar os ecosistemas, e aínda non sabes cal é o teu ecosistema e que elementos o compoñen. Para iso estaría ben facer unha saída pola túa contorna. Para aproveitar máis a saída levarás unha lista co tipo de elementos que debes buscar (animais, plantas, clima...).
Nesta saída tamén deberás sacar fotos a todo o que vexas contaminado ou descoidado, e máis adiante avaliarémolo, xa na fase 3.
