Unha feira no cole
O primeiro que imos lembrar é que unha Feira de Ciencia é un evento moi divertido onde nenas e nenos coma ti mostran os seus proxectos e experimentos relacionados coa ciencia. É como unha especie de exposición onde podes aprender cousas novas, facer preguntas e descubrir como funcionan as cousas.

Por exemplo, podes presentar un experimento sobre como medran as plantas, como funciona un volcán de bicarbonato ou como facer un arco da vella cun vaso de auga e un espello. Ademais, na feira, podes ver os proxectos das túas compañeiras e os teus compañeiros, e aprender deles e quizais inspirarte para facer as túas propias ideas no futuro.
É unha oportunidade xenial para divertirte, aprender e compartir a túa curiosidade con todos!
Lectura facilitada
Unha Feira de Ciencia Escolar é un evento para que o alumnado mostre
as súas investigacións, experimentos e descubrimentos,
compartindo os seus coñecementos coas compañeiras e compañeiros, profesorado e familiares..
Por exemplo:
- Experimento sobre como crecen as plantas.
- Como funciona un volcán de bicarbonato.
- Facer un arco da vella cun vaso de auga e un espello.
Tamén podes ver os proxectos doutras persoas, aprender deles e quizais inspirarte para facer as túas propias ideas no futuro.