Saltar navegación

O ciclo da auga en 5 minutos

Experiencia 1

Nesta actividade vas comprobar de xeito práctico e moi sinxelo como é a viaxe da auga na Terra, pasando polos seus estados: líquido, sólido e gasoso.

Para iso, precisas algunhas cousas. 

Mira cales son e ponte, xunto co resto de compañeiros e compañeiras de clase, mans á obra con este experimento tan visual.

O que precisas:

Elementos que se precisan para facer a experiencia 1, son os que están citados no texto

1. Unha cunca transparente

2. Unha xerra con auga

3. Un cazo para quentar auga (se non tedes cociña, tamén podedes quentala nun microondas ou nun fervedor de auga)

4. Tapa transparente para a cunca

5. Cubiteiras con xeo

Pasos a seguir:

Primeiro quentar a auga con coidado, e botala na cunca.

Imaxe de auga quente nunha cunca

Logo poñerlle a tapa.

Imaxe de cunca con tapa transparente

Botar o xeo enriba da tapa da cunca.

Imaxe de xeo sobre unha tapa transparente

Que ocorre?

En moi pouquiño tempo verás os cambios que ocorren tanto dentro da cunca coma na tapadeira.

imaxe dun recipiente con auga Imaxe de xeo derreténdose

Aquí che deixo tamén un vídeo para verdes co teu grupo de clase o rápido que se producen os cambios con esta experiencia de laboratorio.

Dentro vídeo!

Lectura facilitada

Nesta actividade comprobarás a viaxe da auga na Terra, pasando polos seus estados, que son o líquido, o sólido e o gasoso.

Os materiais que precisas para facer este experimento xunto coa rapazada do teu equipo son:

- Unha cunca transparente

- Unha tapadeira transparente

- Unha xerra con auga 

- Un cazo, microondas ou fervedor de auga para quentala

- Cubiteiras con xeo

Os pasos desta experiencia son moi sinxelos:

- Quenta a auga e bótaa na cunca transparente.

- Coloca a tapadeira, e sobre ela bota os xeos.

- Observa o que ocorre en poucos minutos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)