Experiencia 2
Nesta segunda experiencia traballarás en equipo, e cada grupo fará a observación do seu experimento.
O experimento será nunha bolsa, e durante 5 días haberá que observar o que ocorre nela, anotar datos, incluír unha foto diaria do voso experimento, debuxar... Para iso, haberá unha ficha de recollida de datos ao final desta fase.
3,2,1 en marcha!
O que precisas

1. Vaso de auga
2. Acetona
3. Colorante alimentario
4. Pipeta
5. Algodón
6. Rotuladores permanentes
7. Bolsiña de plástico transparente con peche de cremalleira
De non ter acetona, poderíades utilizar alcohol de 96º, e se non tedes colorante alimentario poderiades facer tintes de xeito rápido con auga e algún rotulador que teñades que non pinte moi ben. Se o metedes en agua aos poucos segundos esta comeza a tinguirse.

Proceso
O primeiro que faredes será borrar cun algodón mollado en acetona as posibles marcas que teña a bolsa transparente, de ser completamente transparente, este punto non sería necesario.

Debuxo
Unha vez estea a bolsa completamente transparente, con rotuladores permanentes deberedes facer un debuxo para a observación do ciclo da auga.
Este debuxo deberá incluír alomenos: un sol, unha nube, algunhas precipitacións, montañas, río e mar.

Momento de introducir auga na bolsiña
Agora xa só vos queda introducir agua na bolsiña do voso ciclo da auga.
Para que se vexa mellor deberedes tinguila con calquera das dúas opcións que vos amosamos ao principio (colorante alimentario ou agua con tinta de rotulador).
E para trasvasala dentro da bolsiña o mellor é utilizar unha pipeta, pois deste xeito non salpica.

Rematando a montaxe
Agora, unha rematado o trasvase da auga, deberedes pechar a vosa bolsiña e pegala no cristal dunha ventá da clase con cinta adhesiva.


E agora que?
Unha vez colocadas as bolsiñas de cada equipo na ventá, toca observalas durante cinco días.
Para iso, ides ter que fixarvos non só na bolsiña, senón tamén no que tempo que vai fóra e ides medir tamén a temperatura cun pequeno termómetro que teredes nunha parede da aula.

En cada equipo deberedes completar unha ficha de recollida de datos cada día, para o cal deberedes seguir as normas que se atopan na primeira folla do documento.
Ides precisar para isto tamén unha cámara de fotos, ordenador e impresora.

.png)

Descarga a ficha de observación e recollida de datos en PDF (nova lapela)
Descarga a ficha de observación e recollida de datos editable
Lectura facilitada
Nesta segunda experiencia traballarás en equipo.
O experimento será dentro dunha bolsiña que ides observar diariamente, pero tamén haberá que anotar datos, incluir fotografías diarias e debuxar, nunha ficha que atoparás ao final desta páxina.
O que precisas é:
- Vaso de auga
- Acetona ou alcohol de 96º
- Colorante alimentario
- Pipeta
- Algodón
- Rotuladores permanentes
- Bolsiña de plástico con peche de cremalleira
O primeiro que haberá que facer será borrar a bolsiña, en caso de que teña debuxos ou texto. Para iso utilizarase un algodón con acetona ou alcohol de 96º .
Logo hai que debuxar os elementos básicos para representar o ciclo da auga: o sol, nubes, chuvia, montañas, río, mar... E frechas para ver o traxecto que segue a auga.
Finalmente cómpre botar cunha pipeta auga previamente tinguida con colorante alimentario, ou cun rotulador vello que non pintase ben, dentro da bolsiña, á altura do debuxo do mar.
Por último, tan só queda pegar a bolsa nunha ventana para que lle dea o sol, e observala cada día. É unha experiencia moi visual!
.png)
.png)