Auga
Facer un uso responsable da auga é fundamental. Debemos evitar malgastar a auga, por exemplo, pechando a billa cando non a estamos usando, ou usar a auga de chuvia para regar as plantas.
Enerxía renovable
Unha boa idea é priorizar o uso das enerxías que non se esgotan, por exemplo, a enerxía solar ou eólica, e limitar o uso de enerxías que contaminan, como os combustibles fósiles, por exemplo, o petróleo ou o carbón.
Reciclaxe e reutilización
Reciclar todos os produtos que se poida, reutilizar algúns materiais e evitar o desperdicio, reduce a necesidade de extraer máis produtos da natureza.
Bosques
Protexer as nosas árbores, plantar as zonas despoboadas e evitar tallar árbores innecesariamente é moi importante, xa que as árbores axudan a purificar o aire e serven de fogar de moitos animais.