Saltar navegación

1.5. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaje

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Antes de comezar, se non sabes o que é un diario de aprendizaxe, dedica uns minutos a ler as explicacións sobre o uso do diario de aprendizaxe.

Busca no teu diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á fase 1 e completa todos os apartados.

Na reflexión dedica uns minutos a pensar. Non escribas calquera cousa só por rematar pronto!!!

Preme para ir ao apartado co diario de aprendizaxe.

Como usamos o diario de aprendizaxe?

O diario de aprendizaxe é un documento de reflexión onde irás recollendo o teu propio progreso nesta unidade, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo.

Deberás cubrir este diario de aprendizaxe a medida que cho indique a túa profesora ou o teu profesor así como as instrucións da unidade, segundo avances na túa aprendizaxe. Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.

Lectura facilitada

Durante o proxecto tes que escribir no diario de aprendizaxe.

O diario de aprendizaxe é un documento de reflexión,

onde irás poñendo o que fas, e como van saíndo as cousas.

Busca no teu diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á fase 1

e completa todos os apartados.

Na reflexión pensa no traballo que fixeches.

Deberás cubrir o diario de aprendizaxe cando cho indique a persoa docente,

Servirache de axuda para saber se están saíndo ben as cousas,

podes falar cos teus compañeiros e compañeiras de grupo,

e poñervos de acordo no que escribides.

Accede ao apartado sobre o diario de aprendizaxe para descargalo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)