Paneis informativos

Como xa viches, a misión é preparar a participación na Feira de Ciencia do noso cole.
Para ir adiantando traballo, ao finalizar de analizar cada un dos ecosistemas, tes que facer a infografía do devandito ecosistema, engadindo algunha información extra. Tes unha listaxe de control abaixo que che axudará.
Para comezar, debes saber que unha infografía é unha ferramenta visual que axuda a comprender mellor a información que se quere transmitir ao interlocutor. A través de imaxes, diagramas, textos e gráficos podes esquematizar a información, explicala de xeito sinxelo e serve de axuda para que as persoas que as lean poidan recordar mellor eses datos posteriormente.
Elaborar infografías é unha parte esencial para unha exposición, así que serán fundamentais para o día da Feira de ciencias.
Tanto pola rúa como pola rede podes atopar exemplos que che poden axudar para coller ideas e inspirarte.
Segue estes pasos para respectar o formato do texto e non esquecer nada:
- Tes que elaborar tantas infografías como ecosistemas hai.
- Cada infografía vai nunha cartolina Din A4.
- Cada infografía debe levar o nome do ecosistema en letras grandes, e os textos explicativos que precises en letras máis pequenas.
- Todas deben levar imaxes, e valen tanto debuxos coma imaxes reais.
- A información sobre o ecosistema debe estar completa: enche a folla de control que tes a continuación para comprobar que non esqueces nada.
- Hai información extra sobre os ecosistemas que debes engadir nas infografías. Atoparás o tipo de información na lista de control.
Para a feira escolleranse as mellores infografías para expoñer coas maquetas.
O teu esforzo dará bos resultados.
Lista de control para a elaboración da infografía en formato PDF (nova xanela)
Lista de control para facer a infografía en formato editable
Lectura facilitada
A nosa misión é participar na "Feira de ciencias" do cole.
Cando analices un novo ecosistema, fai unha infografía sobre el.
Tes que engadir información extra.
Abaixo tes unha lista de control que che pode axudar.
Unha infografía é unha forma de mostrar información ou datos de maneira visual, para que sexa máis fácil de entender, especialmente para as nenas e os nenos.
Podes ver exemplos na rúa e na rede.
A infografía debe cumprir as seguintes características:
- Unha infografía por ecosistema.
- Cada infografía vai nunha cartolina Din A4.
- Leva como título o nome do ecosistema en letras grandes, o resto do texto en letras pequenas.
- Debe levar imaxes, reais ou debuxos.
- Segue a folla de control para non esquecer nada.
- Engade información extra que atoparás na lista de control.
Na feira expoñeranse as mellores infografías.