Actividades complementarias.Calor e temperatura.
S19. Ás 10 h da mañá, as moléculas dun vaso de auga móvense cunha velocidade caótica media de 300 m/s. Ás 12 h móvense a 315 m/s. A que hora é maior a temperatura da auga?
S20. Faga os cambios de escala seguintes:
-
- Pase 200ºC a graos fahrenheit.
- 90ºF a graos centígrados.
- 400 K a graos celsius e a graos fahrenheit.
S21. En cales das frases seguintes estamos utilizando o termo calor de forma correcta?
S22. Por que cando tocamos un ferro que está a 20ºC de temperatura sentimos frío e se tocamos unha madeira, tamén a 20ºC, non notamos frío?
S23. Por que os radiadores da calefacción se colocan na parede preto do chan, e non do teito?
S24. Explique por que nas cociñas é obrigatorio instalar reixas de ventilación, unha preto do chan e outra preto do teito.
S25. Cando utilizamos un termómetro clínico para saber se temos febre, temos que agardar dous ou tres minutos antes de ler a temperatura nel. Por que?
S26. Cando un líquido está dentro dun recipiente pechado debemos deixar un espazo libre enriba del. Explique por que.
S27. Imaxine que ten unha botella de auga completamente chea, sen ningún espazo libro con aire. Que ocorrerá se introduce esta botella no conxelador e a deixa alí unhas cantas horas?
S28. Que quere dicir a expresión "a calor é unha enerxía en tránsito"?
S29. Por que se funde unha pedra de xeo cando a metemos nun vaso con auga?
S30. Complete as frases seguintes:
S31. Por que cre que uns tecidos abrigan máis que outros?
S32. Mesturamos os dous líquidos que están nos vasos da esquerda. Cal cre que será a temperatura final da mestura (vaso da dereita)?

S33. As vivendas constrúense cun muro exterior e outro interior e o espazo entre eles énchese con plásticos expandidos, cortiza, la de vidro ou materiais semellantes. Para que?
S34. Diga se son correctas ou non as seguintes afirmacións:
S35. En que día hai máis temperatura, nun de 21ºC ou nun de 40ºF?
S36. A superficie externa da pel humana está, normalmente, a unha temperatura comprendida entre 25ºC e 35ºC. Pode alcanzar o equilibrio térmico nunha habitación que está a 15ºC?
S37. Ás veces, xusto antes de que empece a chover, semella que aumenta un pouco a temperatura do aire. A que se pode deber?
S38. Cando un corpo dilata diminúe a súa densidade. Por que pasa isto?
S39. Cal é o fundamento dos vasos termo? Por que serven para gardar líquidos tanto quentes como fríos?
S40. Un fío de cobre mide exactamente 1 metro a 20ºC. Cando pasa unha corrente eléctrica por el, desprende calor, e a súa temperatura aumenta. Nestas condicións, segue medindo un metro de longo?
S41. Pode usar un termómetro clínico para medir a temperatura da auga fervendo?
S42. Complete a táboa de temperaturas:
S43. A pel das xemas dos dedos é máis sensible á temperatura que a do lombo. Ten algunha utilidade para nós este feito?
S44. Cando a temperatura dun corpo aumenta 1ºC tamén aumenta 1 K. É isto certo? Aumenta 1ºF? Razoe a súa resposta.
S45. Temos un termómetro de mercurio ao que se lle borrou a numeración da escala. Como podería gradualo de novo?
S46. Lemos nun xornal que a superficie dun planeta está a -180º. En que escala pode estar expresada esta temperatura? En cal non pode ser correcta?
S47. O osíxeno, O2, ferve a unha temperatura moi baixa, 90,2. En que escala cre vostede que está expresada esta temperatura? Cal é esta temperatura nas outras dúas escalas estudadas na unidade didáctica?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0