4. Resumo de contidos
-
Temperatura: é unha medida da velocidade media do movemento caótico das moléculas dun gas ou de axitación dos átomos e moléculas dun sólido e líquido. Canto maior sexa esta velocidade, maior ha ser a temperatura. No Sistema Internacional mídese en kelvins; outras escalas utilizadas son a Celsius e a Fahrenheit.
-
Cambio de escala de temperatura. Usamos a fórmula:
. -
Calor. É a enerxía que pasa dun corpo a outro cando están a diferente temperatura. Cando os corpos chegan ao equilibrio térmico (igual temperatura) deixa de haber calor.
-
Transmisión da calor.
– Por condución: hai transporte de enerxía pero non de materia. Exemplo: paso de calor a través do vidro dunha fiestra.
– Por convección: hai transporte de enerxía e de materia, en forma de correntes de convección no fluído. Exemplo: pota de auga posta ao lume.
– Por radiación: transporte de enerxía mediante ondas electromagnéticas; poden propagarse a través do baleiro. Exemplo: a luz do sol.
-
Efectos da calor.
– Dilatación. As substancias aumentan de tamaño cando aumenta a súa temperatura.
– Cambios de estado. Cando as substancias absorben calor poden pasar de sólido a líquido (fusión) ou de líquido a vapor (vaporización); cando perden calor poden pasar de vapor a líquido (condensación) e de líquido a sólido (solidificación). Tamén poden pasar de sólido a gas directamente, sen pasar polo estado líquido (sublimación). Entanto que dure o cambio de estado a temperatura non varía.
-
Calor específica. É a cantidade de calor que ten que recibir un quilogramo dunha substancia para que a súa temperatura aumente 1 K ou 1 ºC.
-
Calor latente. É a calor que absorbe ou cede un quilogramo dunha substancia cando cambia de estado de agregación.
-
-
Valor numérico dunha expresión alxébrica. É o valor en número que se obtén cando se substitúen as letras por números e se fan as operacións indicadas na expresión.
-
Monomio. Produto dun número por unha ou máis letras.
-
Monomios semellantes. Con igual parte literal, incluídos os expoñentes de cada letra.
-
Polinomio. Suma e/ou resta de varios monomios non semellantes.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0