Saltar navegación

2.5 Adaptación dos seres vivos aos cambios de temperatura

Para sobreviviren, os seres vivos adáptanse ás condicións do seu ecosistema. Algúns factores son temperatura, luz, humidade, medio acuático ou terrestre... Estas adaptacións son ás veces sorprendentes. No parque Yellowstone (EEUU) atopouse, dentro dunha fonte termal a máis de 88ºC, unha comunidade de bacterias e arqueobacterias; a maioría dos seres vivos non soportan temperaturas maiores de 60ºC ou 70ºC, xa que as súas proteínas se desnaturalizan e perden a súa función biolóxica, provocando a morte do organismo.

O pingüín emperador cría no inverno antártico a temperaturas de -60ºC entre treboadas de neve

A ra L. sylvaticus, de Norteamérica, atura a conxelación aumentando a glicosa nas células (anticonxelante)

Exemplos de adaptacións en plantas

Exemplos de adaptacións en animais

  •  Reducen a superficie das follas e desenvolven cubertas illantes e impermeables. Deste xeito conseguen diminuír a perda de auga por evaporación.
  •  Arrefrían transpirando a través das follas. A forma e o tamaño das follas permite controlar a radiación solar absorbida. Canto maior sexa a superficie da folla máis luz e calor do sol pode absorber.
  •  Na época da seca forman sementes, e cando chegan as chuvias xerminan rapidamente. Coa seca a planta pode morrer, pero a semente garante que a vida da especie continuará na próxima estación húmida.
  •  As plantas árticas resisten os duros invernos en forma de raíces, talos, bulbos e tubérculos. No interior do solo a temperatura é menos fría que no exterior.
  •  As herbáceas das zonas frías medran preto do chan e en formacións especiais para conservar a calor. Así están menos expostas aos fríos ventos.
    •  Desenvolven estruturas illantes: plumas, pelos, graxa baixo a pel. Estas estruturas fan que o animal perda menos calor corporal.
    •  Para aturaren o frío reducen o metabolismo, chegando a hibernar durante o inverno.
    •  Migran a zonas máis cálidas. Os animais do deserto e zonas áridas teñen hábitos nocturnos. Á noite a temperatura do aire redúcese moito respecto da diúrna; a actividade do animal á calor do día pode deshidratalo rapidamente.
    •  Os animais de "sangue quente" (homeotermos) manteñen a súa temperatura interna constante, independentemente da temperatura ambiental. Os animais poiquilotermos regulan a súa temperatura interna quentándose ao sol ou gorecéndose na sombra.

  • Desenvolven estruturas illantes: plumas, pelos, graxa baixo a pel. Estas estruturas fan que o animal perda menos calor corporal.
  •  Para aturaren o frío reducen o metabolismo, chegando a hibernar durante o inverno.
  •  Migran a zonas máis cálidas. Os animais do deserto e zonas áridas teñen hábitos nocturnos. Á noite a temperatura do aire redúcese moito respecto da diúrna; a actividade do animal á calor do día pode deshidratalo rapidamente.
  • Os animais de "sangue quente" (homeotermos) manteñen a súa temperatura interna constante, independentemente da temperatura ambiental. Os animais poiquilotermos regulan a súa temperatura interna quentándose ao sol ou gorecéndose na sombra

Fíxese nas adaptacións destes cánidos, un chacal do deserto e un raposo do ártico:

  •  Orellas e fociños longos para eliminar a calor.
  •  Pelo curto para transpirar mellor.
  •  Pelaxe de cor marrón para pasar desapercibido.
    •  Orellas e fociños curtos para non perder calor.
    •  Pelaxe de cor branca para camuflarse na neve.
    •  Pelo longo e espeso para non perder calor corporal.
    •  Corpo máis esférico (menor superficie co mesmo volume).
 
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0