Saltar navegación

2.2.2 Escalas termométricas

As máis utilizadas para medir a temperatura son a Celsius (tamén chamada centígrada), a Fahrenheit (nos EEUU e no Reino Unido) e a do sistema internacional, a escala Kelvin.

     

Celsius

A temperatura mídese en graos centígrados (ºC). Nesta escala a auga pura conxela a 0ºC (punto de fusión) e ferve a 100ºC (punto de ebulición).

Fahrenheit

A temperatura mídese en graos fahrenheit (ºF). O punto de fusión é 32ºF e o de ebulición é 212ºF.

Kelvin

A temperatura mídese en kelvins (K). A auga conxela a 273 K e ferve a 373 K.

 

A fórmula para pasar a temperatura dunha escala a outra é a seguinte:

 

 

onde TC é a temperatura en graos celsius, TF a temperatura en graos fahrenheit e TK a temperatura en kelvins.

 

Actividade proposta

S8.            No cuarto de estar a temperatura é 21ºC. Que temperatura marcan un termómetro Fahrenheit e un Kelvin no mesmo cuarto?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0