Calor e temperatura. Alxebra
2.1.1 Fontes de calor naturais e artificiais
Un obxecto é fonte de calor cando dá calor, e polo tanto está máis quente que os obxectos que reciben a enerxía (calor). Existen fontes de calor naturais e fontes artificiais. As artificiais son as creadas polo home e as naturais son aquelas nas que o home non interveu. Exemplos destas fontes de calor son:
- O sol proporciona calor de forma natural. A enerxía que irradia o sol dálle luz e calor á terra aínda que se atopa a gran distancia dela. O sol é, xa que logo, a máis importante fonte natural de calor que coñecemos.
- A calor interna da terra é outra fonte de calor natural, que aproveitamos en forma de enerxía xeotérmica.
- O lume dunha fogueira, o que se produce nun queimador dunha cociña, son fontes artificiais de calor, pois a enerxía que se transforma en calor é a da combustión que ten lugar ao queimar leña, carbón ou butano.
- As estufas, os quentadores e os ferros de pasar son fontes de calor artificiais, que transforman a enerxía eléctrica en calor.
Actividades propostas
S5. Que é unha fonte de calor? Que tipos de fontes de calor coñece?
S6. Cite algunhas fontes de calor artificiais.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0