1.3 Obxectivos didácticos
Obxectivos
-
Ao finalizar esta unidade, vostede deberá ser capaz de:
-
Identificar a calor como forma de transferencia de enerxía entre dous corpos cando están a distinta temperatura.
-
Pór exemplos cotiáns das formas de propagación da calor.
-
Diferenciar entre calor e temperatura.
-
Saber expresar e converter temperaturas en distintas escalas termométricas.
-
Recoñecer os fenómenos de dilatación e cambio de estado como efectos da calor sobre os corpos.
-
Representar graficamente e interpretar táboas de datos sobre a relación entre a achega de calor a un corpo e o seu incremento de temperatura.
-
Identificar formas de adaptación dos seres vivos aos cambios de temperatura.
-
Saber utilizar letras para simbolizar cantidades descoñecidas e traducir expresións da linguaxe cotiá á alxébrica e viceversa.
-
Recoñecer e usar as expresións alxébricas e calcular o seu valor para un determinado valor numérico.
-
Distinguir os elementos básicos dos monomios e realizar operacións con eles.
-
Distinguir os elementos básicos dun polinomio e realizar operacións con eles.
-
Identificar as igualdades notables.
-
Utilizar as igualdades notables e a extracción do factor común na descomposición en factores dun polinomio, para os efectos de simplificación de expresións alxébricas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0