2.3.3 Cambios de estado de agregación
Outro efecto da calor é provocar cambios de estado de agregación, como a fusión (de sólido a líquido), a vaporización (de líquido a vapor) e a sublimación (de sólido a gas).
|
Experiencia práctica Collemos un vaso e pomos nel pedriñas de xeo. Pomos un termómetro co seu bulbo entre o xeo case tocando o fondo do vaso e observamos a temperatura que marca: vemos que está por baixo dos 0ºC. Pomos o vaso a baño maría en auga quente (arredor de 50ºC é suficiente) e observamos o termómetro e o xeo. Vemos que cando a temperatura chega a 0ºC parte do xeo comeza a fundir: é a fusión da auga sólida. Logo imos anotando a temperatura a intervalos de tempo regulares ata que todo o xeo estea líquido e facemos tamén unhas cantas medidas máis. Coas medidas realizadas escribimos unha táboa de datos tempo-temperatura; daríanos algo como o seguinte:
|
![]() |
Na experiencia anterior observamos que entanto que o xeo estea fundindo (no vaso hai auga sólida e líquida á vez) a temperatura está sempre a 0ºC, non sobe, aínda que o xeo siga absorbendo calor da auga quente que o rodea. Xa que logo, mentres dure a fusión a temperatura permanece constante. Toda a calor absorbida polo xeo emprégase en afastar as moléculas o suficiente para transformar o sólido en líquido.
|
Experiencia práctica Logo de que todo o xeo estea líquido, sacamos o vaso do baño maría, enxugámolo por fóra e quentámolo cun acendedor Bunsen, de xeito que a temperatura da auga vaia subindo pero non moi rápido. Anotamos de novo a temperatura a intervalos de tempo regulares, e escribimos os novos datos na táboa tempo/temperatura anterior: |
Observamos que cando a auga bota a ferver, a temperatura no termómetro deixa de subir, quedando constante arredor dos 100ºC. Entanto que dure a ebulición a temperatura permanece constante sen subir. A calor absorbida polo líquido úsase toda en separar as moléculas unhas das outras e transformar o líquido en vapor.
|
Experiencia práctica Sublimación. Nun matraz introducimos uns anacos de iodo sólido (I2). Tapamos o matraz e quentámolo lixeiramenteao lume. Observaremos que o iodo sólido pasa directamente a vapor sen pasar polo estado líquido: é unha sublimación. E se deixamos arrefriar o matraz, o vapor condensa de novo a sólido, sen pasar polo estado líquido: é unha sublimación inversa |
![]() |
![]() |
|
Esquema dos cambios de estado dunha substancia |
Por Concurso CNICE 2005 baixo licenca CC NC-BY-SA
Actividade proposta
S11. Cos datos das dúas táboas anteriores faga unha gráfica de quecemento utilizando, se é posible, unha folla de cálculo nun computador.
-
-
Identifique na gráfica os cambios de estado. Que os caracteriza?
-
A que temperatura se produciron os cambios de estado?
-
Que ocorre no punto A da gráfica? E nos puntos B e D?
-
Que hai no vaso no punto H? E no punto C?
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0


