2.2.1 Termómetros
O termómetro é o aparello utilizado para medir a temperatura dos corpos. Na actualidade moitos termómetros son dixitais aínda que tamén se usan termómetros de alcohol. Outro tipo de termómetros que se usaron ata hai ben pouco son os termómetros de mercurio, pero hoxe en día están en desuso por seren tóxicos.
Tanto os termómetros de mercurio como os de alcohol funcionan do mesmo xeito. O líquido está contido nun depósito de paredes de vidro moi finas. Deseguido do depósito hai un tubo oco moi fino, o capilar. Cando a temperatura aumenta, o líquido dilata e avanza polo capilar, marcando a temperatura na escala numérica do termómetro.
![]() |
Outros tipos de termómetros aproveitan outras propiedades: así, os termómetros eléctricos miden a temperatura a partir do cambio da resistencia eléctrica dun fío metálico ao variar a temperatura.
![]() |
![]() |
![]() |
|
Termómetro dixital eléctrico |
Termómetro de mercurio clínico |
Termómetro bimetal |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0



