2.3.1 Dilatación
Os corpos aumentan o tamaño (lonxitude, superficie ou volume) ao aumentar a temperatura, debido a que os átomos e as moléculas se moven máis rápido, afastándose un pouco entre si, o que fai que o corpo aumente de tamaño. A dilatación non é perceptible a simple vista, pero pode medirse no laboratorio con aparellos moi sinxelos.
O anel de Gravesande
Unha peza metálica a temperatura ambiente pasa perfectamente polo burato circular. Se a quentamos, non colle no burato e non pasa por el; cando arrefría, volve pasar:
![]() |
![]() |
|
Antes de quecer |
Logo de quecer (a peza está dilatada) |
O aumento de volume dunha substancia será maior canto maior sexa a mobilidade das súas partículas; é por iso que o maior efecto da dilatación está nos gases, despois nos líquidos e, finalmente, nos sólidos.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

