2.3.2 Dilatación anómala da auga e do xeo
Todas as substancias aumentan de tamaño ao quentalas e contraen ao arrefrialas, pero á auga, de 0ºC a 4ºC, e ao xeo, ocórrelles o contrario.
|
A auga líquida ao quecer entre 0ºC e 4ºC contrae en vez de dilatarse. A auga máis densa (a de menor volume) é a que está a 4ºC; por iso nun lago xeado a auga do fondo non está sólida, está líquida a 4ºC. Isto preserva a vida no fondo da lagoa; se non fose así os seres vivos morrerían esmagados polo xeo. |
![]() |
|
O xeo (auga sólida) ocupa máis volume que a auga líquida! Por iso o xeo aboia na auga, como pasa cos icebergs. Isto evita que o xeo destrúa aos seres vivos que habitan no fondo da auga nos lagos e mares, como xa dixemos antes. |
![]() |
Actividades propostas
S9. Explique por que os carrís nos camiños de ferro se poñen separados lixeiramente uns dos outros, e por que os edificios grandes e as pontes teñen xuntas de dilatación.
![]() |
![]() |
S10. Se botamos un anaco de ferro sólido nunha cuba con ferro quente líquido, afundirá o ferro sólido ou aboiará?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0



