Saltar navegación

3.1.2 Expresións alxébricas

Unha expresión alxébrica é unha combinación de números, letras e parénteses, relacionados coas operacións. Os elementos dunha expresión alxébrica son:

  • Termos: cada un dos sumandos.
  • Termo independente: o que só ten parte numérica.
  • Variables:as cantidades descoñecidas. Represéntanse habitualmente coas letras x, y, z.
  • Coeficiente:a parte numérica que multiplica as variables.

Exemplo dunha expresión alxébrica e os seus elementos:

Expresión alxébrica

Termos

Termo independente

Variables

Coeficientes

5x2 – 2y+ 6

5x2 ;2y ; 6

6

x ; y

5 , 2 ; 6

Valor numérico dunha expresión alxébrica

É o valor numérico que toma a expresión alxébrica cando substituímos as letras por números e realizamos as operacións. Exemplos:

Expresión alxébrica

Valor que queremos darlles ás letras

Valor numérico da expresión alxébrica

4a

a = 2

4.2 = 8

2x3

x = 4

2.43 = 128

x + 3y

x = 1; y = 3

1 + 3.3 = 10

[antes a multiplicación 3.3 e logo súmase 1]

π r2

r = 2.5

π. 2,52 = 19.6

[antes o cadrado e logo multiplícase por ]

 

Actividade proposta

Calcule o valor numérico das expresións alxébricas cos valores das letras indicados:

Expresion alxébraica Valor que lle damos ás letras Valor numérico da expresión alxebraica
x + y x = 8 ;  y = 3
3a + b -  c a= 1 ; b = 2 ; c= 7
x2 + y 2 X= 2; y = 4
a= 10; b = 2

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0